Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Homenaxe a Antonio Fraguas Fraguas. Xoves 23 de maio ás 20:30H

O vindeiro xoves 23 de maio o Instituto de Estudos Miñoráns, IEM, en colaboración co concello de Gondomar, celebrará unha homenaxe a Antonio Fraguas Fraguas, a quen se lle dedica a data das Letras Galegas este ano.

Camiño Noia Campos, catedrática emérita de Filoloxía Galega na Universidade de Vigo, ofrecerá unha charla sobre este narrador oral excepcional e intelectual con unha popularidade moi pouco común, que contribuíu ademais a defender o galego como lingua de expresión válida para calquera coñecemento.

O grupo Teatro do Ar, representará a obra Distintas compañías inspirada en contos e lendas recollidas por Antonio Fraguas.

Acompañando á palabra e a escena, estará a actuación de Urbano Cabrera, cantautor galego de ampla traxectoria no mundo da música, comprometido coa potenciación do idioma galego, en toda clase de estilos, dende o folkata o blue.

O primeiro disco de Urbano Cabrera, Tarantela, saíu á luz en 1996, ó que seguirán Segundo Andar no 2000 e Penalba en 2004. En 2018 edita o recopilatorio Selección, tanto en formato físico coma en streaming. En maio de 2019 sairá́ publicado o seu derradeiro traballo Soñarás en maio coas chuvias de abril.

O acto terá lugar na Aula de Cultura Ponte de Rosas, Avda. da Feira 10 Baixo, ás 20:30H

Está en:  Inicio
Skip to content
IEM - Instituto de Estudos Miñoranos
Román Raña: “Paixón política. Desde o furor lírico”. PDF Imprimir Correo-e
Memoria histórica - Artigos
Escrito por Román Raña   
Venres, 23 Xaneiro 2015 20:32

250Roman_Ranha

Xosé María Álvarez Cáccamo acaba de publicar un libro, máis que necesario, imprescindíbel. Trátase de A voz quebrada e podemos apreciar nel a súa paixón política. É claro que o termo política está empregado aquí no senso etimolóxico: todo o relativo á polis, ao cidadán, á cidadanía. O poeta non pode ser impermeábel ao que acontece na cidade e, moito menos, indiferente aos feitos que polúen moralmente á sociedade en que vive. Sobre todo se eses tráxicos avatares fracturaron a harmonía do mundo e inocularon unha importante e poderosa dose de inxustiza á memoria de cada un de nós. Sen dúbida pasou iso cando o seu avó, Darío Álvarez Limeses, foi asasinado no Tui turbulento do 1936 a mans do fascio triunfante.

Ler máis...
 
Caderno de Campo. Toponimia de Panxón (Nigrán), Nº5. PDF Imprimir Correo-e
Toponimia - Caderno de Campo
Escrito por Beatriz Pérez González   
Mércores, 01 Abril 2015 19:42

panxonb-n

No día de hoxe achégome até A Cansadoura, preto das “Casas Baratas”, vivendas sociais que se fixeron para os mariñeiros. As vistas son espectaculares, vese Monteferro, o areal de Patos, as illas Cíes, a costa do  Morrazo

Nesta praia da Cansadoura, apañábanse moreas de argazo, debido á enseada varaban moitas algas nelas. O nome venlle dado porque cando se ía recoller o argazo, os carros e bois que se achegaban á praia para levar o produto á casa enterrábanse, e custaba moito mais sacalos de alí, cansábaste moito.

Ler máis...
 
Crónica dunha noite de estrelas e lobos na Serra da Groba PDF Imprimir Correo-e
Xeiras - Artigos
Domingo, 16 Agosto 2015 19:34

caza_lobo

Néboa na Groba. Como un pucho branco de algodón, paseniño a néboa foise pousando no Montouto e A Gabiñeira, deixando unhas pingas de orballo nas agullas dos piñeiros. Non se pode ver o ceo nin as estrelas agochadas entre as ondas de la sen fiar que o cobren. A xente foi chegando a Chan da Lagoa con gañas de camiñar e de ver o lobo na Groba, sabendo que as estrelas hoxe non ían estar dispostas a se asomar entre o neboeiro

Arredor duns cen intrépidos amantes da natureza de tódalas idades encamiñámonos a desafiar as previsións meteorolóxicas e tentar ver a Boca da Groba fumegando por riba dun río que se adiviña cantareiro aló no fundo da inmensa corga que alinda o Foral da Groba. Entre as nubes vaise facendo un claro e albiscase o Corno Ladredo, máis ao lonxe, como nun cadro impresionista, unha raiola deixa ver o que parecen unhas edificacións que o ollo fino de Xosé Lois logo identifica como parte da zona industrial de Valença do Miño, entre os sorrisos incrédulos da xente que escoita e tenta imaxinar o que non ve e que Xosé Lois lles explica con verbo forte e nidio, para contrarrestar a escaseza de luz, que vai e ven, segundo as nubes que tocamos coas mans se moven.

Ler máis...
 
Últimos días para inscribirse para a visita guiada ao Ecoparque arqueolóxico do Monte Tetón. PDF Imprimir Correo-e
Xeiras - Información
Luns, 13 Xullo 2015 20:04
DSC04007_Custom
O Instituto de Estudos Miñoranos en conxunto co Concello de Tomiño organizan este venres 17 de xullo unha visita guiada ao ecoparque arqueolóxico de Monte Tetón na parroquia de Tebra. A mesma dará comezo ás 20 horas e terá como guía ao arqueólogo Xosé Lois Vilar. As prazas son limitadas, polo que os interesados deberán anotarse gratuitamente de luns a xoves de 18:30 a 21:30 horas ao teléfono 986360575.
Ler máis...
 
Ollos Pretos en concerto na casa da Misericordia o próximo sábado 19 as 21 horas PDF Imprimir Correo-e
Axenda - Calendario
Escrito por IEM -Sec   
Mércores, 16 Marzo 2016 22:19

ollos_pretos

A Santa Casa da Misericordia e o Instituto de Estudos Miñoráns (IEM) organizan un concerto do grupo de música tradicional Ollos Pretos na Capela da Misericordia o sábado 19 de marzo as 21 horas.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 Seguinte > Final >>

Páxina 29 de 265