Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

IV Mostra de teatro afeccionado do Val Miñor e Oia. Dende o 12 de xaneiro ata o 2 de febreiro.

 

A partir do vindeiro sábado 12 de xaneiro o Auditorio Municipal Lois Tobío de Gondomar acollerá a IV Mostra de teatro afeccionado do Val Miñor e Oia.
Organizado polo Instituto de Estudos Miñoráns co apoio do Concello de Gondomar fomentarán e potenciarán a creatividade teatral e a representación neste mes de xaneiro que abre as portas a un ano de celebración dos 20 anos do IEM.
A programación constará dun total de oito pezas teatrais interpretadas por Vichelocrego, Tranghallada teatro, Bertorella, Pritis- Guomins, A Moura, Os cabalos rosas brincan no patín, O mellor de cada casa e Arredemo.
A entrada será gratuíta e para todos os públicos.

Programación

Sábado 12 de xaneiro- 19.30h
Jansel e Ponsel, representada por Tranghallada teatro de Nigrán.

Domingo 13 de xaneiro- 18.00h
Mamasiña que medo!, representada por Bertorella de Morgadáns.

Sábado 19 de xaneiro- 19.30h

Cóncavo-convexo, representada por Vichelocrego de Gondomar.

Domingo 20 de xaneiro- 18.00h

Rosa rosae, representada por Pritis- Guomins de Aula teatro Gondomar.

Sábado 26 de xaneiro- 19.30h
A revirada, representada por A Moura de Chaín.

Domingo 27 de xaneiro- 18.00h

Cousas da vida, representada por O mellor de cada casa de Viladesuso.

Sábado 2 de febreiro- 19.30h

O restaurante Farruco representada por Os cabalos rosas brincan no patín de Viladesuso.
Maruxas 3.0, representada por Arredemo de Gondomar.
Está en:  Inicio
Skip to content
IEM - Instituto de Estudos Miñoranos
Libros dixitais do IEM: “Desenvolvendo o nobelo” abre unha nova iniciativa editorial PDF Imprimir Correo-e
Filoloxía e literatura - Libros dixitais
Escrito por IEM   
Xoves, 22 Xaneiro 2015 23:56

250Desenvolvendo_o_nobelo

Abrimos este espazo dedicado a compartir cos nosos seareiros algúns libros merecentes, ao noso xuízo, de divulgación de acordo con parámetros de calidade e interese que o noso equipo editorial decidirá. Perseguimos con esta iniciativa dous obxectivos. Por unha banda pór a disposición dos nosos amigos escritos que, posiblemente, non atoparían noutras canles. Pola outra, proporcionarlles a escritores (noveles ou non) a oportunidade de dar a coñecer a súa obra e sometela á consideración dos lectores que adoitan visitarnos.

Ler máis...
 
Comeza o ciclo de faladoiros: “Invasoras silenciosas. Novas pragas no Val Miñor”. PDF Imprimir Correo-e
Ciclos conferencias e obradoiros - Artigos
Escrito por IEM   
Martes, 24 Febreiro 2015 02:49

invasoras-cartel

Unha serie de especies invasoras (animais, plantas e outros organismos), xeralmente transportados e introducidos polo ser humano fóra das súas áreas naturais están establecidas e dispersas na nosa bisbarra con efectos negativos en diversos ecosistemas. A partir deste xoves 26 de febreiro ás 20:30 horas, dará comezo un ciclo informativo na Aula de Cultura Ponte de Rosas, a cargo de especialistas na investigación e control de catro ameazas instaladas no Val Miñor: O carrizo da Pampa, o picudo vermello das palmeiras, a avespa asiática (velutina) e unha serie de enfermidades infecciosas que afectan á poboación anfibia.


Programa:

 

Ler máis...
 
Os proxectos máis recentes do escultor Silverio Rivas preséntanse na Aula de Cultura Ponte de Rosas. PDF Imprimir Correo-e
Sala exposicións - Sala Exposicions 2009 - 2016
Escrito por IEM   
Martes, 26 Maio 2015 21:36

capa-silverio

-ITINERARIUS  a mostra do escultor Silverio Rivas inaugúrase este venres 29 de maio ás 20.30h na Aula de Cultura Ponte de Rosas.

Hei de erguer contra o aire, o silencio e o misterio que a terra esconde na súa entraña, escribe o poeta Xavier Seoane nun texto inédito, que presenta esta mostra que desvelará un feixe da máis recente creación plástica de Silveiro Rivas.

Ler máis...
 
Caderno de Campo. Toponimia de Panxón (Nigrán), Nº9 PDF Imprimir Correo-e
Toponimia - Caderno de Campo
Escrito por Beatriz Pérez González   
Xoves, 21 Maio 2015 21:33

panxon-antigo2

Hoxe é un día especialmente chuvioso, non apetece saír da casa, pero non queda outro remedio que pórse en marcha, vou ir xunto Zoila, alí polo menos non estarei á chuvia e sempre vén ben un deses contos que ela sabe relatar ás mil marabillas, que emoción é capaz de transmitir coa palabra!. Ademais ela tamén gaña coa visita, xa que a maior parte do día está soíña.

Zoila ten 80 anos, pero realmente non os aparenta, viviu desde sempre en Panxón, primeiro na casa paterna, no Cascón, e agora no Tombo do Reiro. Por debaixo deste lugar sitúase A Rega do Reiro,  ate A Cansadoura. Para a outra man da estrada está O Reiro, e cara arriba As Cardosas, Os Merousos e A Xermaña.

Ler máis...
 
A palmeira de don Marcelino PDF Imprimir Correo-e
Contra a desmemoria - Artigos
Sábado, 04 Xullo 2015 21:09

002marcelino

Entre as xornadas do 30 de xuño e 1 de xullo do 2015, o barrio de Fontes na parroquia de Santa Mariña de Baíña (Baiona), ven de perder o seu emblema: a palmeira de Don Marcelino Ante.
A palmeira formaba parte do fermoso xardín que o indiano Don Marcelino Ante Rodríguez fixera ante a súa casa natal a comezos do século pasado, restando deste a día de hoxe tan só un vello camelio que resiste ao paso dos anos como pode.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 4 de 261