Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

SUSPENSIÓN DO FALADOIRO DE ADRIANA NOGUEIRA POR MOTIVOS DE SAÚDE.
POR MOTIVOS DE SAÚDE DE ADRIANA NOGUEIRA, QUEDA CANCELADO O FALADOIRO ESTE MÉRCORES 22 DE NOVEMBRO.

O IEM AGRADECE O SEU INTERESE E PREGA DISCULPEN AS MOLESTIAS OCASIONADAS.

Está en:  Inicio
Skip to content
IEM - Instituto de Estudos Miñoranos
TERTULIA do IEM con Antón Masa Vázquez : “O sector vitivinícola galego: Historia e actualidade”. PDF Imprimir Correo-e
Tertulias - Calendario
Escrito por IEM   
Luns, 04 Novembro 2013 20:59

Este venres, 8 de novembro de 2013, TERTULIA do IEM co especialista en xenética da vide, Antón Masa Vázquez (Misión Biolóxica de Galicia) . O faladoiro leva por título “ O sector vitivinícola galego: Historia e actualidade”, e  será presentado polo botánico, Xosé Ramón García, membro da Xunta de Goberno do IEM. Como é costume o faladoiro terá lugar na sede do Instituto de Estudos Miñoranos, na Aula de Cultura "Ponte de Rosas" (Avda. da Feira, 10, baixo, Gondomar) ás 20:30h.

Ler máis...
 
Caderno de campo: Recollida de topónimos na parroquia de Panxón (Nigrán): Nº2 PDF Imprimir Correo-e
Toponimia - Caderno de Campo
Escrito por Beatriz Pérez González   
Xoves, 04 Decembro 2014 23:04

panxon-porto-desfile

Unha vez feita a recollida da toponimia que aparecía no Catastro do Marqués de Ensenada, continúo coas pescudas.

Agora é necesario acudir a outras fontes documentais, neste caso revisarei os libros de  amillaramento para ver se atopo topónimos novos.

O amillaramento é unha serie documental manuscrita que contén unha relación nominal alfabética dos contribuíntes dun municipio, indicando as súas propiedades urbanas, rústicas e gandeiras, e o líquido impoñible de acordo coa súa valoración, facendo unha descrición dos terreos, se son cultivos e de que tipo, se son montes, baldíos, etc.

Ler máis...
 
Colaboracións Literarias: vixilia ou soños da terra “a liberdade pechada”, de Paco Álvarez de Senra. PDF Imprimir Correo-e
Filoloxía e literatura - Artigos
Escrito por IEM   
Luns, 22 Xuño 2015 20:11
Temos o pracer de compartir unha nova achega das Colaboracións Literarias do IEM. Nesta ocasión trátase dun relato, autoría de Paco Álvarez de Senra.
Ler máis...
 
Cata de viños: “Do chan á copa” PDF Imprimir Correo-e
Ciclos conferencias e obradoiros - Artigos
Escrito por IEM   
Luns, 20 Abril 2015 10:31
vino_tinto_blanco
O ciclo propón unha introdución ó mundo da cata, ademais de xogos sensitivos e temas relacionados con esta a cargo dos técnicos en vitivinicultura Juan Chamorro e Noelia Pérez. As catas serán a cegas, co obxectivo de chegar a diferenciar os nosos viños galegos entre si e tamén cos de fóra. Serán viños tintos e brancos.
Desta vez, centrarémonos nos procesos de elaboración máis habituais en viños brancos e tintos e, tamén, nos traballos que son esenciais levar a cabo na viña para acadar un produto de calidade e optimizar unha plantación ó máximo.
Ler máis...
 
Candidatura presentada para a elección da Xunta de Goberno do IEM. PDF Imprimir Correo-e
O IEM - Novas
Escrito por IEM   
Martes, 20 Outubro 2015 23:32
Logo-IEM-oficialweb
Convocada a XUNTA XERAL extraordinaria 2015 para elección Xunta de Goberno e Dirección do IEM. A mesma terá lugar o vindeiro venres 23 de outubro de 2015, con primeiro chamado ás 20:00 e segundo ás 20:30 horas na Aula de Cultura Ponte de Rosas. 

Como indican os estatutos, a elección de todos os membros da Xunta de Goberno será por sistema proporcional sobre candidaturas pechadas, que se presentarán asinadas por sete socios/as constando nelas a conformidade dos presentes. Tales candidaturas obrarán na Secretaría do IEM cunha antelación mínima de 15 días naturais anteriores á data das eleccións. A distribución decargos é competencia da Xunta de Goberno elixida.

Nese senso presentouse unha única lista nas formas e prazos establecidos daque damos publicación:

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 Seguinte > Final >>

Páxina 39 de 247