Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

XEIRAS IEM 2018- TOMIÑO-Ouro, mámoas e estrelas. Xoves 16 de agosto ás 19:00h.
O vindeiro xoves 16 de agosto ás 19:00 h terá lugar a oitava xeira de verán polo concello de Tomiño Ouro, mámoas e estrelas, dentro do programa das xeiras de verán 2018 do IEM, e coa colaboración deste concello, que será guiada por Xosé Lois Vilar Pedreira.

O punto de encontro será na Antiga escola de Vilachán do Monte. Barrantes.

HABERÁ DOUS INTÉRPRETES EN LINGUA DE SIGNOS PARA XORDOS.
Está en:  Inicio
Skip to content
IEM - Instituto de Estudos Miñoranos
Obradoiro "Telearqueoloxía 2016" o próximo mércores 29 de xuño PDF Imprimir Correo-e
Arqueoloxía - Actividades
Escrito por IEM -Sec   
Domingo, 26 Xuño 2016 02:09
obradoiro-telearqueoloxa
O obxectivo principal destes obradoiros é poñer en valor un conxunto de traballos de investigación en formato audiovisual sobre o patrimonio arqueolóxico da provincia de Pontevedra. Podedes atopar toda a información e as bases para participar na seguinte ligazón.
 
Presentación da REM, o venres 1 de xullo na Casa da Misericordia de Baiona PDF Imprimir Correo-e
Publicacións do IEM - Revista do IEM
Escrito por IEM -Sec   
Mércores, 29 Xuño 2016 17:12

rem-14-15-iem

O venres 1 de xullo, ás 20:00h na Casa da Misericordia en Baiona, presentarase a revista REM do Instituto de Estudos Miñoráns.

Ler máis...
 
Contos saharauís en galego PDF Imprimir Correo-e
Publicacións do IEM - Outras publicacións
Escrito por IEM -Sec   
Venres, 26 Agosto 2016 00:31

Mañá venres os nenos e nenas saharauís e as súas familias acolledoras serán recibidos no IEM para facer entrega duns agasallos, e presentar o conto saharauí gañador. Algúns destes nenos e nenas compartiron con nós os seus contos de tradición oral para traducilos á nosa lingua galega ( “Río de bágoas”, “ Hadala”, “ A manta da jaima”, “O paxariño da jaima e as tres nenas”, “ Os tres irmáns e o mendigo” ) Todos estes contos serán publicados na páxina web da Biblioteca Virtual da Asociación de Tradutores Galegos.

Dende o IEM queremos agradecer ás familias miñoranas este intercambio cultural e recibimos o seu exemplo solidario como un agasallo máis nestes tempos de crise, desexando que o próximo verán poidamos agrandar a colaboración destes nenos e nenas, que son a mellor semente dun futuro en paz.

 

O acto de presentación será na sede do IEM ás 18:30h.

a

c

b

 
Aínda quedan prazas para participar na Xeira Nocturna en barco polo mar de Baiona e Nigrán. PDF Imprimir Correo-e
Xeiras - Información
Escrito por IEM -Sec   
Venres, 08 Xullo 2016 15:42

Aínda quedan prazas para participar na Xeira Nocturna en barco polo mar de Baiona e Nigrán.

A vindeira xeira do IEM en barco por Baiona e Nigrán contará coa presenza do noso guía Xosé Lois Vilar. O punto de encontro será o Porto de Baiona ás 22 h e, para participar hai que facer unha reserva de praza tal como se recolle nas bases destas xeiras (http://iem.gal/xeiras/calendario/1299-2016-07-01-16-53-04 ) e pode facerse no teléfono 986 36 05 75 dende 18:00 h a 21:00 h.

Nota: Nestas rutas marítimas a organización resérvase o dereito de anular a saída de non acadarse o mínimo de 100 viaxeiros.

 
Concerto de Son do Val na Santa Casa de Paz e Misericordia PDF Imprimir Correo-e
Axenda - Calendario
Escrito por IEM -Sec   
Luns, 05 Setembro 2016 00:28

O Instituto de Estudos Miñoráns (IEM) e a Santa Casa de Paz e Misericordia de Baiona organizan un concerto do grupo de corda e voz Son do Val na Capela da Misericordia o sábado 10 de setembro ás 20:00 horas, dando así continuidade ó proxecto de colaboración destas dúas entidades na programación de actos culturais.

son do val

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 6 de 257