Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

SUSPENSIÓN DO FALADOIRO DE ADRIANA NOGUEIRA POR MOTIVOS DE SAÚDE.
POR MOTIVOS DE SAÚDE DE ADRIANA NOGUEIRA, QUEDA CANCELADO O FALADOIRO ESTE MÉRCORES 22 DE NOVEMBRO.

O IEM AGRADECE O SEU INTERESE E PREGA DISCULPEN AS MOLESTIAS OCASIONADAS.

Está en:  Inicio
Skip to content
IEM - Instituto de Estudos Miñoranos
Xeiras do IEM, Alén Miñor: 4ª Xeira, Poboado de Fontao PDF Imprimir Correo-e
Xeiras - Calendario
Escrito por IEM -Sec   
Martes, 26 Xaneiro 2016 21:19

Desta volta, cando as invernías azoutan e baten o corpo e o espírito, coma se o tempo fose co devir da política, o Instituto de Estudos Miñoranos organiza unha xeira ao cerne de Galicia.
Viaxaremos ben preto das Terras do Medio, onde fomos ben recibidos e alimentados. Aqueles ríos sustentan e son servidume do seu señor, O Deza, protagonista e referencia importante para todo o que veremos e escoitaremos. No límite, o Pico Sacro, sempre aí, axexará para que todo vaia polo seu.

Centraremos a visita, pola mañá, nos arredores do Poboado e a Mina de Fontao. Este enclave mineiro tamén é coñecido como “Minas da Brea”, en alusión ao núcleo de poboación máis importante da parroquia de Santiago de Fontao, onde se localiza o conxunto mineiro, pertencente actualmente ao concello de Vila de Cruces (antigamente Carbia), lindando cos concellos de Silleda e Lalín. Todos eles, con Dozón, Rodeiro e Agolada, constitúen a Comarca do Deza.

As primeiras referencias mineiras deste lugar pérdense na noite dos tempos. Mitos, lendas, toponimia, costumes e realidade mesturados, conforman a súa historia e convértena nun lugar cun grande interese xeolóxico, patrimonial (arquitectónico e industrial), histórico, natural e incluso cun importante pasado e presente en relación co “lecer das augas”. Circunstancia que tamén lembra o propio topónimo de Fontao. Quizais pola abundancia de fontes e mananciais de augas minerais e termais.

Ler máis...
 
IX Convocatoria Premio Victoriano Taibo 2016 PDF Imprimir Correo-e
Premio Victoriano Taibo - Artigos
Escrito por IEM -Sec   
Xoves, 14 Abril 2016 23:08

cartaz_premio_taibo_2016

CONVOCATORIA ANO 2016

A oitava convocatoria deste certame poético pasou serias dificultades de supervivencia ao decidir a patrocinadora, Entidade Local de Morgadáns, romper o convenio que regulaba a colaboración sen a denuncia previa contractual.

Ler máis...
 
Catro finalistas optan ao Premio de poesía Victoriano Taibo na súa Xª edición PDF Imprimir Correo-e
Escrito por IEM -Sec   
Martes, 12 Setembro 2017 19:52
O xurado da X edición do certame poético VictorianoTaibo que convoca o Concello de Gondomar, en colaboración co Instituto de Estudos Miñoráns, reunido o 11 de setembro, de entre as 49 obras presentadas, elixiu como obras finalistas, as que ostentaban os seguintes títulos por orde alfabética:

Ø As cinzas de Pasolini

Ø Erosións

Ø Laxa negra

Ø Saint Pièrre et Michelon

O veredicto definitivo darase a coñecer nos próximos días, momento en que se fará público o gañador ou gañadora desta décima edición.

A entrega do premio será o día 18 de novembro nun acto que decorrerá no Auditorio Lois Tobío de Gondomar.

 
Encontros con contos- Contos saharauís en galego. Xoves, 24 de agosto ás 18:00h. PDF Imprimir Correo-e
O IEM - destacados
Escrito por IEM -Sec   
Domingo, 20 Agosto 2017 23:31
captura de pantalla 2017-08-20 a las 22.48.34
O vindeiro xoves 24 de agosto os nenos e nenas saharauís e as súas familias acolledoras participarán na actividade “Encontros con contos” organizada polo IEM e no que se presentarán os contos de tradición oral saharauís dos compartidos e recollidos para posteriormente traducilos á nosa lingua galega ( “O peixiño Macarún” e “ A bolboreta e a formiga” “ O ourizo e o lobo”” A velliña e o home enfermo” “ O pantalón de Alí” ) .
Todos estes contos serán publicados na páxina web da Biblioteca Virtual da Asociación de Tradutores Galegos.
Dende o IEM queremos agradecer ás familias miñoranas este intercambio cultural e recibimos o seu exemplo solidario como un agasallo máis nestes tempos de crise, desexando que o próximo verán poidamos agrandar a colaboración destes nenos e nenas, que son a mellor semente dun futuro en paz.
O acto de presentación será na sede do IEM ás 18:00h.

 
Os restos dos veciños de Gondomar exhumados en San Xián (O Rosal) serán entregados aos seus familia PDF Imprimir Correo-e
Memoria histórica - Fosas de San Xian
Mércores, 28 Xullo 2010 21:18
plotter-recortado-webO próximo sábado 31 de xullo ás 12h. na sede do Instituto de Estudos Miñoranos (Aula de Cultura Ponte de Rosas, Avda. da feira 10, Baixo, Gondomar) procederase á entrega aos seus familiares dos restos de Abilio Araújo Losada e Manuel Prudencio do Rosario. Os restos do terceiro asasinado, do que se descoñece a súa identidade, será soterrado xunto aos de Abilio Araújo Losada no cemiterio parroquial de Chaín. A súa vez os restos de Manuel Prudencio do Rosario serrán soterrados en Santo Tomé de Freixeiro.
Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 Seguinte > Final >>

Páxina 59 de 247