Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

PRESENTACIÓN EN PONTEVEDRA D’A RELIXIÓN DO MAR o venres día 26 ás 20:00 horas.

PRESENTACIÓN EN PONTEVEDRA D'A RELIXIÓN DO MAR

O Ateneo de Pontevedra organiza a presentación, na libraría Paz desta cidade, do poemario A relixión do mar, de Xosé Iglesias Lamela, que obtivo en 2016 o IX Premio de Poesía Victoriano Taibo convocado polo concello de Gondomar e xestionado polo Instituto de Estudos Miñoráns.

O autor, mariñeiro en activo, rende neste libro unha homenaxe ao mar en todas as facetas con el relacionadas e faino coa forza, a autenticidade e a creatividade de quen ama profundamente o que fai e o que di; talvez por iso o poemario tivo unha traxectoria tan afortunada con abundancia de críticas favorables e presentacións en moitos lugares de Galicia. Agora tócalle recibilo a Pontevedra da man do tamén poeta (e máis cousas: profesor, etnógrafo, activista cultural) Calros Solla, gañador en 2011 do IV Premio de Poesía Victoriano Taibo coa obra Holocausto zacoe, que compite con esta en forza, creatividade e orixinalidade, aínda que nun rexistro totalmente distinto.

O acto terá lugar o venres día 26 ás 20:00 horas na Libraría Paz, situada en rúa Peregrina nº 29 de Pontevedra.

Está en:  Inicio
Skip to content
IEM - Instituto de Estudos Miñoranos
Inicio dos faladoiros do IEM: Que son os garranos salvaxes que habitan nos montes de Galicia? por Felipe Bárcena Varela de Limia. PDF Imprimir Correo-e
O IEM - destacados
Escrito por IEM -Sec   
Mércores, 02 Novembro 2016 03:13

dsc_0115-1

 

O venres 11 de novembro ás 20:30 horas, iniciamos " Os faladoiros do IEM" con "Que son os garranos salvaxes que habitan nos montes de Galicia?" a cargo de Felipe Bárcena Varela de Limia, especialista en mamíferos silvestres e investigador asociado do Departamento de Microbioloxía e Parasitoloxía; Bioloxía Celular e Ecoloxía do Instituto de Investigacións e Análises Alimentarias na Universidade de Santiago de Compostela. Ten sido coordinador de máis de doce proxectos científicos de larga duración financiados con fondos públicos e privados; é autor de más de cincuenta artigos en revistas científicas, de numerosos informes oficiais e de tres libros; ten presentado cerca dun centenar de comunicacións en congresos científicos. Dende 2006 a súa actividade científica está centrada na investigación da historia natural dos garranos.
Será na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avda. da Feira, 10, baixo, Gondomar)

 

Ler máis...
 
Xeira Rupestre: Petróglifos de Monte Tetón PDF Imprimir Correo-e
Xeiras - Información
Venres, 13 Agosto 2010 18:25
Monte_tetnXeira que comeza co punto de encontro ás 21:30 h. do venres 13 de agosto na Casa do Concello de Tomiño. Despois de xuntarnos todos continuaremos ata o Monte Tetón.
Guías: Xilberte Manso, Xosé Lois Vilar
RECOMENDACIÓNS:
1. Roupa de abrigo.
2. Levade lanterna
3. Levade moitas ganas de gozar da natureza con respecto e agarimo
4. Pica aquí para ver o calendario, imaxes e crónicas das Xeiras IEM do verán 2010.
 
Xornada "Embarcacións patrimoniais: navegando nun mar de dúbidas" PDF Imprimir Correo-e
Marítima - Novas
Luns, 07 Marzo 2011 23:25

xornada_NEA1

O pasado venres 25 de febreiro tivo lugar no salón de actos de Exposalnés de Cambados a Xornada "Embarcacións patrimoniais: navegando nun mar de dúbidas", unha xornada sobre embarcacións tradicionais e a súa situación legal. Esta xornada foi organizada pola Consellería de Pesca dentro do proxecto NEA2, en colaboración ca Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial (FGCMF). Nela estivo representado o IEM a través da súa Sección Martítima.
Ler máis...
 
Xeira nocturna por Saiáns 25-08-2010 parte I PDF Imprimir Correo-e
Xeiras - Galería de imaxes
Venres, 27 Agosto 2010 00:42

{youtube width="200" height="160"}wgf6wAO1fuo{/youtube}

Relato de Xosé Lois Vilar.

Imaxes: Bruno Centelles e Xilberte Manso

 
Paleolítico Inferior en Galicia segundo o Dr. Arqueólogo Manuel Santonja. PDF Imprimir Correo-e
Arqueoloxía - Novas
Venres, 20 Maio 2011 21:46
{youtube width="250" height="200"}GRGD4zHkaRk{/youtube}
 
<< Inicio < Anterior 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 Seguinte > Final >>

Páxina 70 de 238