Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

PROSPECCIÓN ARQUEOLÓXICA, DOCUMENTACIÓN E RESTAURACIÓN DOS PETRÓGLIFOS DE GARGAMALA (Mondariz, Pontevedra)

Este proxecto de prospección arqueolóxica, documentación e restauración dos petróglifos de Gargamala (Mondariz), promovido polo Servizo de Arqueoloxía da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura e Turismo, será executado polo equipo técnico multidisciplinar do Instituto de Estudos Miñoráns (IEM) dirixido e coordinado polo historiador e arqueólogo Xosé Lois Vilar Pedreira e do que forman parte: María Dolores Álvarez Rey, Eloy Martínez Soto, Bruno Centelles García, Xilberte Manso de la Torre, José Antonio Viña Arias, Eduardo Méndez-Quintas, Andrea Serodio Domínguez, Manuel Ledo Bernárdez e Jesús Rodríguez Diéguez coa colaboración especial, nas tarefas de prospección, de Cándido Verde e José Álvarez Alonso (O Buraco).

Nos días 5 e 6 de outubro de 2018 un incendio arrasou 150 Ha das parroquias de Sabaxáns e Gargamala (Mondariz) que afectou a área nuclear dos petróglifos de Gargamala con distinto grao de incidencia (termoclastos, ennegrecemento da superficie, arrastes de depósitos sobre as superficies) e deixando unha paisaxe depauperada e a pracer dunha forte erosión da tona terrea.

O conxunto de petróglifos obxecto desta actuación sitúase entre os 400 e os 470 m.s.n.m.. A gran maioría deles ocupando a parte alta dos outeiros (GA 36030023-18-11), as valgadas entre eles no caso do Campado (GA 36030055-14-15-54), chans como Campo Redondo (GA 36030038) cun amplísimo dominio visual ,que chega á Serra do Galiñeiro, parello ó emprazamento dos petróglifos da Coutada (Taboexa, As Neves) ou As Portaxes no Monte Tetón (Tebra, Tomiño) tamén obxecto de prospección, estudo, posta en valor e musealización por parte do Instituto de Estudos Miñoráns.

Na zona de actuación destaca a presenza dun ulleiro aproveitado polos veciños para a traída de augas doméstica e na outra vertente hai varios muíños hidráulicos.
Estamos ó redor das coordenadas 545.686/4.679.970 
(datum: ETRS 1989, fuso 29).

Esta concentración de petróglifos atópase na parroquia de Gargamala, no concello de Mondariz, composta polas aldeas de Vedrelos e O Soutiño na zona meridional e A Rúa, Mourelle, Boente e O Barro. A parroquia está rodeada por Frades, Riofrío, Sabaxáns e Toutón como freguesías do mesmo concello e polo norte polas de Traspielas e Ventín do concello de Fornelos de Montes. Estamos no sur do Suído nun mundo de serra onde as aldeas escasean e foi zona tradicional de pastoreo que deixou pegadas etnográficas nos chozos, neveiras, cerres para o gado e nos foxos de lobo.
Estamos no val medio-alto do río Tea cara o que drenan os núcleos habitados de Gargamala. A zona noroeste do Castro Chouso, O Foxo do Lobo, A Chan de Cairón... botan as augas no río Barragán que desauga no río Oitavén ó pé do castro da Cidade (Calvos, Fornelos) na mesma presa das Eiras.


Está en:  Inicio
Skip to content
IEM - Instituto de Estudos Miñoranos
VII Premio de Xornalismo Nano Cambeiro PDF Imprimir Correo-e
Premio Nano Cambeiro - Artigos
Escrito por IEM   
Mércores, 26 Maio 2010 01:53

Guillermo Rodríguez. Foto Riobó PradaO próximo venres 28 de maio de 2010 ás 20:30 h. na Aula de Cultura Ponte de Rosas terá lugar o acto de entrega do VII Premio de Xornalismo Nano Cambeiro a Guillermo Rodríguez, director do xornal “A Peneira” pólo suplemento “A Perneira do Miñor”

No acto intervirán, o Presidente da asociación *Ponte nas Ondas, Santiago Veloso, *que realizará a xustificación do premio ao que responderá o premiado Guillermo Rodríguez, director de “A Peneira”

Ler máis...
 
Novos muíños atopados enriquecen o patrimonio arqueolóxico do Val de Miñor. PDF Imprimir Correo-e
Xuventude - Novas
Martes, 27 Xullo 2010 22:33
xuventude_estudos_mioranosPreto da Chan da Lagoa (Os Outeiros da Tomada de Pías) na serra da Groba atopáronse catro novos muíños naviculares de soporte fixo. O descubrimento tivo como protagonista a Anxo Rodríguez Lemos, membro da Xuventude do Instituto de Estudos Miñoranos.
Ler máis...
 
A cultura mariñeira e a tradicional oral salientaron o seu valor no Congreso Internacional de Onomástica. PDF Imprimir Correo-e
Toponimia - Talasonimia
Escrito por IEM   
Martes, 20 Setembro 2011 23:31

artes-de-pesca

O Instituto de Estudos Miñoranos participou no XXIV CONGRESO INTERNACIONAL DE ICOS SOBRE CIENCIAS ONOMÁSTICAS celebrado en Barcelona entre o 5 e o 9 de setembro de 2011. O tema deste congreso foi OS NOMES NA VIDA COTIÁ onde máis de 550 expoñentes chegados de todo o mundo puxeron na palestra os últimos avances desta disciplina. Na sección 6 de toponomástica Xosé Lois Vilar Pedreira (IEM) presentou o venres día 9 pola mañá, unha comunicación sobre A talasonimia galega na que explicara o que abrangue a talasonimia, a súa transmisión polas fontes documentais e sobre todo a transmisión oral e a necesidade da recollida de boca de argaceiras, percebeiros/as, mariscadores/as e mariñeiros, traballo no que é pioneiro o Instituto de Estudos Miñoranos ó redor do que realizou publicacións, exposicións, traballos didácticos, visitas guiadas e colaboracións en xuntanzas, congresos, etc.
Ler máis...
 
Imaxes da 3ª Mostra das Tradicións Mariñeiras PDF Imprimir Correo-e
Marítima - Novas
Luns, 08 Agosto 2011 23:13

Tercera Mostra dasTradicions Mariñeiras

A sección marítima do Instituto de Estudos Miñoranos participou da 3ª Mostra das Tradicións Mariñeiras celebrada no Concello da Guarda os pasados 30 e 31 de xullo de 2011. A escolma fotográfica pertenece ao evento.

 
"A nosa Historia. As aventuras de Mociño." O Val Miñor dende a Prehistoria até o século XXI. PDF Imprimir Correo-e
Proxectos pedagóxicos - Documentos
Escrito por IEM   
Mércores, 30 Maio 2012 16:57

capa


"Ola! Chámome Mociño, son de Camos e vouvos contar a historia da Historia". Mociño, un rapaz da parroquia de Camos (Nigrán) convídanos a percorrer a historia do Val Miñor dende o Paleolítico até o século XXI.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 9 de 261