Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

XVIII XEIRA ALÉN MIÑOR A CORUÑA E A MARIÑA CORUÑESA (24-25 de novembro)

As primitivas dimensións da Coruña ocupaban o que hoxe se coñece como Cidade Vella. Era A Coruña intramuros, e tanto o seu trazado como a súa arquitectura explican a historia desta cidade.A Cidade Vella fíxose á medida humana.Pedra, vidro e madeira mesturáronse para dar acubillo a fidalgos como a artesáns ou mariñeiros. A Porta Real foi a primeira entrada á primitiva cidade.

Moito que ver ou recoñecer nesta cidade vella, acompañados por un guía que é un dos referentes da cultura contemporánea do país, Felipe Senén.

A sede oficial da Real Academia (edificio dezaoitesco), noutro tempo propiedade de Pardo Bazán, moi preto da Colexiata de Santa María (principios do sc. XIV) que foi a igrexa dos gremios do mar e do comercio

Na contorna sitúase a Praza de Azcárraga. Está trazada sobre dous planos diferentes. No máis elevado enmárcase a antiga praza da Fariña, en cuxa bonita bóveda se acubilla a fonte do Desexo; no plano inferior está o palacio neoclásico da rexión militar noroeste, que data de 1740 e que acolleu a constitución da Xunta Suprema do Reino de Galicia en 1808, con motivo do alzamento coruñés contra as tropas napoleónicas.

O Convento de Santo Domingo levantouse a finais do século XIII, foi incendiado polos homes de Francis Drake a fins do XVII. A Igrexa data do século XVII e é de estilo barroco galego.

Moitos persoeiros, aventureiros, escritores, filósofos, científicos, ou persoas sen título como María Pita, que se enfrontou a Drake ou lideraron a resistencia ós franceses, viviron ou tiveron relación coa cidade. O Duque de Toscana, Cosme de Medicis, nunha das súas viaxes de coñecemento, o mariño Alejandro Malaspina, militares ou estadistas, como Porlier ou Melchor de Macanaz. Sir John Moore (repousa nos xardíns de San Carlos). Personaxes, espíritos da cidade ou simples cidadáns que inspiraron á Condesa de Pardo Bazán en "A Pedra Angular" ou a obra de Murguía e de Rosalía, os que xogaron co neno Pablo Picasso, que iluminaron o pensamento de Wenceslao Fernández Flórez ou de Salvador de Madariaga.

A cidade vella agocha máis recunchos queridos polos seus veciños, como o A Praza e O Convento das Bárbaras, próximos o Castelo de San Antón (hoxe Museo Arqueolóxico), antiga fortaleza do século XVI que se edificou sobre unha illa para protexer a entrada da ría dos ataques do pirata Drake. Ou o arquivo do Reino De Galicia (1775), que está encargado da recollida, custodia e posta a disposición do público da documentación de ámbito galego e provincial, xerada por diversos organismos de carácter xudicial ou administrativo con sede na provincia da Coruña.

 

Está en:  Inicio
Skip to content
IEM - Instituto de Estudos Miñoranos
Están as Rías Baixas moi contaminadas? Audio completo do faladoiro co Ricardo Beiras García-Sabell. PDF Imprimir Correo-e
Tertulias - Artigos
Escrito por IEM   
Luns, 16 Xaneiro 2012 23:11

DSC05932

A TERTULIA co profesor Ricardo Beiras García-Sabell, permitiunos informar e reflexionar sobre os diversos desafíos a que se ve enfrontada a rica biodiversidade das Rías Baixas. Contestando á pregunta que centrou o faladoiro "Están as Rías Baixas moi contaminadas?, o especialista que dirixe a Estación de Ciencias Mariñas de Toralla, percorreu os principais episodios que comprometeron e que seguen a por e perigo este enclave vital de Galicia. Compartimos o audio completo da súa exposición.

Ler máis...
 
Aberta a instalación WORK IN PROGRESS na Aula de Cultura Ponte de Rosas. PDF Imprimir Correo-e
Sala exposicións - Sala Exposicions 2009 - 2016
Escrito por IEM   
Luns, 02 Abril 2012 23:26

vista-porta


O ceramista Miguel Vázquez contounos que decidiu xogar coa terra e o plástico alá polo ano 1999. Dous elementos que ao seu entender conxugan pasado e presente dos materias cos que o ser humano valeuse para crear e construír a súa historia. Desa combinación naceu anos despois WORK IN PROGRESS, unha construción-instalación plástica que inaugurouse o pasado venres 30 de marzo na Aula de Cultura Ponte de Rosas.
Ler máis...
 
Homenaxe nacional ás vítimas da represión franquista 2012: "As novas xeracións da memoria" PDF Imprimir Correo-e
Memoria histórica - Novas
Escrito por IEM   
Martes, 10 Xullo 2012 09:01

webviaxe-san-simon-2012

Nas vésperas da infausta data do 18 de xullo temos outra vez a oportunidade de lembrar ás vítimas da represión franquista na Galiza nun acto nacional a celebrar na illa de San Simón. Desta volta a intención é poñer a mirada nas novas xeracións da memoria. Descendentes de vítimas mais tamén mozos e mozas quen sen ter un vencello familiar se achegan a memoria como un xeito de comprender o presente que se lle legou.
Ler máis...
 
Un centenar de persoas participaron da Xeira polos pazos de Cea e a Torre d'A Touza. PDF Imprimir Correo-e
Xeiras - Artigos
Venres, 06 Xullo 2012 10:31

xeira-polos-pazos

Un centenar de persoas participou na segunda Xeira do IEM da tempada 2012 e primeira no Val Miñor que visitou os pazos de Cea e a Torre d'A Touza no Concello de Nigrán. Logo dunha breve introdución sobre a historia do xurdimento destas casas da baixa nobreza rural galega, feita polo guía da Xeira, o arquitecto Antonio Soliño Troncoso (IEM), trasladámonos dende o Torreiro d'As Angustias até o primeiro destino: o Pazo de Cea.

Ler máis...
 
Ars dedicandi: Victoriano Taibo PDF Imprimir Correo-e
Filoloxía e literatura - Artigos
Venres, 13 Marzo 2015 20:47
250-vt-b-n
O 13 de marzo de 1966 morría en Palencia 37, no vigués barrio de Lavadores, o compostelán Victoriano Taibo, unha das voces máis destacadas da chamada Xeración das Irmandades, autor de poemarios como Abrente ou Da vella roseira e narrador en volumes como Da agra aberta. Mestre de profesión, foi tamén un entusiasta defensor da causa da lingua, sobre a que escribiu non poucos artigos, e pertenceu ao SEG e mais a RAG.
Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 Seguinte > Final >>

Páxina 84 de 260