Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

XVIII XEIRA ALÉN MIÑOR A CORUÑA E A MARIÑA CORUÑESA (24-25 de novembro)

As primitivas dimensións da Coruña ocupaban o que hoxe se coñece como Cidade Vella. Era A Coruña intramuros, e tanto o seu trazado como a súa arquitectura explican a historia desta cidade.A Cidade Vella fíxose á medida humana.Pedra, vidro e madeira mesturáronse para dar acubillo a fidalgos como a artesáns ou mariñeiros. A Porta Real foi a primeira entrada á primitiva cidade.

Moito que ver ou recoñecer nesta cidade vella, acompañados por un guía que é un dos referentes da cultura contemporánea do país, Felipe Senén.

A sede oficial da Real Academia (edificio dezaoitesco), noutro tempo propiedade de Pardo Bazán, moi preto da Colexiata de Santa María (principios do sc. XIV) que foi a igrexa dos gremios do mar e do comercio

Na contorna sitúase a Praza de Azcárraga. Está trazada sobre dous planos diferentes. No máis elevado enmárcase a antiga praza da Fariña, en cuxa bonita bóveda se acubilla a fonte do Desexo; no plano inferior está o palacio neoclásico da rexión militar noroeste, que data de 1740 e que acolleu a constitución da Xunta Suprema do Reino de Galicia en 1808, con motivo do alzamento coruñés contra as tropas napoleónicas.

O Convento de Santo Domingo levantouse a finais do século XIII, foi incendiado polos homes de Francis Drake a fins do XVII. A Igrexa data do século XVII e é de estilo barroco galego.

Moitos persoeiros, aventureiros, escritores, filósofos, científicos, ou persoas sen título como María Pita, que se enfrontou a Drake ou lideraron a resistencia ós franceses, viviron ou tiveron relación coa cidade. O Duque de Toscana, Cosme de Medicis, nunha das súas viaxes de coñecemento, o mariño Alejandro Malaspina, militares ou estadistas, como Porlier ou Melchor de Macanaz. Sir John Moore (repousa nos xardíns de San Carlos). Personaxes, espíritos da cidade ou simples cidadáns que inspiraron á Condesa de Pardo Bazán en "A Pedra Angular" ou a obra de Murguía e de Rosalía, os que xogaron co neno Pablo Picasso, que iluminaron o pensamento de Wenceslao Fernández Flórez ou de Salvador de Madariaga.

A cidade vella agocha máis recunchos queridos polos seus veciños, como o A Praza e O Convento das Bárbaras, próximos o Castelo de San Antón (hoxe Museo Arqueolóxico), antiga fortaleza do século XVI que se edificou sobre unha illa para protexer a entrada da ría dos ataques do pirata Drake. Ou o arquivo do Reino De Galicia (1775), que está encargado da recollida, custodia e posta a disposición do público da documentación de ámbito galego e provincial, xerada por diversos organismos de carácter xudicial ou administrativo con sede na provincia da Coruña.

 

Está en:  Inicio
Skip to content
IEM - Instituto de Estudos Miñoranos
O clima no Val Miñor. PDF Imprimir Correo-e
Xeografía e Historia - Documentos
Escrito por IEM   
Martes, 28 Agosto 2012 22:17

o-clima

Presentación: "O Clima no Val Miñor", é unha pescuda desenvolvida polo profesor Salvador Rodríguez Muñóz* , en base a datos recollidos entre os anos 1987 - 1999 na estación termopluviométrica do Instituto Nacional de Meteoroloxía no Val Miñor. A súa versión orixinal está publicada na Revista de Estudos Miñoranos Nº1 do ano 2001.

Ler máis...
 
O arco xermánico da antiga igrexa parroquial de San Xoán de Panxón. PDF Imprimir Correo-e
Etnografía - Patrimonio material
Escrito por IEM   
Venres, 08 Febreiro 2013 14:05

arco_xermanico_nigran

Os restos da antiga igrexa parroquial de San Xoán de Panxón, co seu magnífico arco de ferradura, son unha das escasas mostras da arte xermánica que se conserva en Galicia. Pola súa importancia este espazo ostenta o carácter de Ben de Interese Cultural dende o ano 1964.
Ler máis...
 
APROXIMACIÓN AOS VALORES DO RÍO ZAMÁNS no PEGO NEGRO PDF Imprimir Correo-e
Ciencias Físico - Naturais - Documentos
Escrito por IEM   
Sábado, 13 Xullo 2013 00:40

pego-negro

O cruce do río Zamáns á altura do Pego Negro debuxa unha paisaxe cargada de biodiversidade que na actualidade atópese en grave perigo. A fauna e flora autóctona libran un combate diario pola súa sobrevivencia nun enclave onde a acción humana pon en risco o feble equilibrio da cadea ecolóxica. A profesora Pura González alerta desta desfeita a través do artigo que hoxe presentamos, así como do importante patrimonio histórico agochado na súa espesura, vítima tamén do esquecemento e unha deficiente conservación.

Ler máis...
 
Por que en Galicia escribimos con "ñ" e "ll" antes dos Reis Católicos? PDF Imprimir Correo-e
Filoloxía e literatura - Investigación
Escrito por IEM   
Luns, 01 Abril 2013 20:58

Diapositiva1

Presentamos un traballo de investigación documental de Xulián Maure, que transcribe os dous primeiros textos medievais que fan referencia a igrexa de Santa María de Baiona. Remata este traballo analizando as letras <ñ> e <ll>, patrimonio da grafía galega desde a Idade Media (1274 e 1319).

Ler máis...
 
A “Ora Marítima” de Rufio Festo Avenio analizada polo historiador Xoán Bernárdez Vilar. PDF Imprimir Correo-e
Xeografía e Historia - Novas
Escrito por IEM   
Xoves, 05 Decembro 2013 23:45

bernardez-noia

Unha extraordinaria viaxe polo mundo da Ora Marítima, con parada no Val Miñor tivo lugar na Aula de Cultura Ponte de Rosas, da man do historiador Xoán Bernárdez Vilar. Co seu novo libro como “nave” (O extraordinario mundo da Ora Marítima) percorremos o poema de Rufio Festo Avenio desbotando as teorías tradicionais que situaban o comezo da Ora Marítima na zona comprendida entre a Bretaña, o Reino Unido e Irlanda, e localizándoa na costa atlántica de Galicia.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 2 de 260