Skip to content
IEM - Instituto de Estudos Miñoranos
Aínda quedan prazas para participar da Xeira en barco pola Ría de Baiona. PDF Imprimir Correo-e
Xeiras - Calendario
Escrito por IEM   
Domingo, 06 Xullo 2014 23:36

barco-baiona-3

A vindeira Xeira do IEM  deste verán é unha visita en barco ó mar do Val Miñor, que terá lugar o mércores 9 de xullo. Partiremos do Porto de Baiona ás 21:15 horas. Contaremos coa guía do arqueólogo Xosé Lois Vilar. Para participar hai que facer unha inscrición previa que detallamos ao final do artigo. E falaremos do mar de Baiona e Panxón, do poliédrico mundo mariñeiro, na historia dos naufraxios. Falaremos.

Ler máis...
 
O documental “As silenciadas” pecha o ciclo Cine e Memoria II no IEM PDF Imprimir Correo-e
Memoria histórica - Novas
Escrito por IEM   
Luns, 27 Outubro 2014 21:53

assilenciadas_640x480

O vindeiro mércores 29 de outubro de 2014 ás 20:30 horas terá lugar o pase do documental As Silenciadas (Galicia, 2011), dirixida por Pablo Ces. Na proxeccións estarán presentes o director do filme así como Aurora Marco, encargada da investigación da historia así como co-responsable do guión, quen desenvolverán un coloquio co público asistente.

Ler máis...
 
O ASLAUG. Variacións (III) PDF Imprimir Correo-e
Contra a desmemoria - Artigos
Escrito por Xosé Lois Vilar   
Martes, 27 Xaneiro 2015 20:01

barometro-skogland

Seguro que hai algúen en Bouzas que aínda lembra aquel 24 de xaneiro de 1931. Eran as tres e media da madrugada cando saíron dous vaporiños pesqueiros do potente porto de Bouzas cara o sur. Xa pola Illa se vía un fumazo que se convertiu en neboeiro vasto cara a Silleiro. Primeiro saíra o ABC e detrás o compañeiro Rosita, ámbolos dous propiedade dos armadores Alfonso Castiñeira e Pedro Sanguas. Eran parella, os barcos, que andaban á pescada e á pescadilla.

Ler máis...
 
Fondo Documental Victoriano Taibo García PDF Imprimir Correo-e
Filoloxía e literatura - Victoriano Taibo
Escrito por IEM   
Martes, 02 Decembro 2014 19:41

01-sinatura-convenio

O Instituto de Estudos Miñoranos vén traballando dende hai moitos anos na recuperación da figura e traxectoria do mestre e literato Victoriano Taibo García (Santiago 22/4/1885 – Vigo 13/3/1990). Mestre de Morgadáns entre 1930 e 1950 cun intervalo de catro anos nos que estivo desterrado en Villadar de los Comuneros  (Valladolid - 1938). Membro da RAG e do Instituto de Estudos Miñotos, é autor dos poemarios Abrente, Da vella roseira, Abicedo e Cabrinfollas e moitos poemas soltos entre os que destaca Lembranza da tecedeira editada en versión facsimilar polo Instituto de Estudos Miñoranos. En prosa publicou Da agra aberta: contos e lendas así como unha multitude de colaboracións en revistas galegas e americanas.

Ler máis...
 
Libros dixitais do IEM para descargar: “Cinsa”, de Marta Dacosta. PDF Imprimir Correo-e
Filoloxía e literatura - Libros dixitais
Escrito por IEM   
Venres, 13 Marzo 2015 20:15

250cinsa

Cinsa é o que queda despois de arder, como a memoria é o pouso da vida. De cinsas e memorias vai este poemario; de situacións, vivencias, recordos, devanceiros... rescatados do pasado e peneirados polo persoal xirgo de Marta. O IEM comprácese en pór a disposición dos seus lectores, grazas á xenerosidade da poeta, este libro de poemas de Marta Dacosta, inédito en impresión tradicional. E neste día, no que se cumpren 49 anos do pasamento de Victoriano Taibo, recordamos que o mestre galeguista, escritor e poeta, lingüista, académico, home comprometido coa terra, a cultura e a lingua galega, aínda espera pola homenaxe dun Día das Letras Galegas.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 Seguinte > Final >>

Páxina 11 de 263