Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

XEIRAS IEM 2018- NIGRÁN- Ao son das campás de Parada. II Certame de Campás e Campaneiros. Martes 17 de xullo ás 18:30h.
O vindeiro martes 17 de xullo ás 18:30h terá lugar a cuarta xeira de verán polo concello de Nigrán (Parada) Ao son das campás de Parada. II Certame de Campás e Campaneiros, dentro do programa das xeiras de verán 2018 do IEM, e coa colaboración deste concello, que será guiada por Anxo Rodríguez Lemos.

O punto de encontro será na Igrexa de Santiago de Parada de Miñor:

HABERÁ DOUS INTÉRPRETES EN LINGUA DE SIGNOS PARA XORDOS.

Rosalía de Castro choraba co seu maxín, plasmado na súa obra Cantares Gallegos, as nostálxicas campás de Bastavales que atronaban co seu tocar o ceo do Val da Maía. Eran as campás un dos elementos sonoros que cada un levaba consigo no seu pensar xunto ás cantigas e pezas musicais aprendidas dende a nenez, rexedoras dun mundo daquela sen a sofisticada tecnoloxía actual pero ben regulado por un tocar encargado de marcar as horas de traballo, anunciar nacementos, casamentos, mortes, festas ou quizáis afastar as temerosas treboadas da comunidade. Modernas maquinarias a base de mazos electrónicos substitúen, aos poucos nas nosas parroquiais, ás mans daquelas persoas encargadas de facer falar as campás. Seguindo ás xornadas iniciadas no ano 2007 pola Asociación Cultural Os Chichisos de Pontevedra, o Instituto de Estudos Miñoráns iniciou en 2015 un certame na vila de Baiona chamado a continuar polas igrexas do Val de Miñor co fin de recoller, da man dos seus campaneiros, aqueles toques antigos en vías de desaparecer para sempre. Este ano serán dúas as campás, do século XIX e XX, as que, dende a igrexa parroquial de Santiago de Parada de Miñor, serán tocadas por Esther Nande Figueroa, sancristana e campaneira do lugar do Sobreiro, a partir das 18:30 na cuarta xeira do IEM.

Está en:  Inicio
Skip to content
IEM - Instituto de Estudos Miñoranos
Baixo a Serra do Galiñeiro e a luz da lúa visitamos os petróglifos do complexo Auga da Laxe en Vincios. PDF Imprimir Correo-e
Xeiras - Artigos
Xoves, 14 Xullo 2011 05:00

{youtube width="250" height="200"}InRC6B12bDc{/youtube}

Aprendemos que a Serra do Galiñeiro contén moito máis que pedras, fentos e piñeiros. Que a tradición aínda cabalga nos poldros ceibes e os curros multitudinarios. Contemplamos o Val Miñor dende a altitude, e coñecemos algúns dos seu topónimos e do perigo de esquecerllos. Falamos de beleza e o valor histórico do patrimonio que agocha a serra, tamén do seu posible destino como parque eólico. Miramos cómo se facían os machados líticos hai centos de miles de anos e percorremos o monte ata chegar a Pedra das Procesións, o maior escudo de armas gravado nun petróglifo que leva no rocha entre 6 e 4 mil anos. Unha nova xeira do IEM na que participaron como guías Eduardo Méndez, Xilberte Manso e Xosé Lois Vilar e que invita á reflexións, ao gozo e a seguir participando destas andaínas.

Ler máis...
 
Pontevedra nos anos do medo PDF Imprimir Correo-e
Memoria histórica - Novas
Escrito por IEM   
Luns, 31 Outubro 2011 22:55

os-anos-do-medo

O Blog Pontevedra nos ano do medo do profesor Xosé Álvarez Castro achega unha moi interesante e rigorosa información histórica sobre a represión franquista na bisbarra de Pontevedra. De xeito metódico, dende o ano 2008 o autor acumula artigos de información sobre distintos temas e episodios relacionados coa memoria histórica.
Ler máis...
 
CANTARES NO MIÑOR. I Encontro de Coros Tradicionais. PDF Imprimir Correo-e
Ciclos conferencias e obradoiros - Artigos
Escrito por IEM   
Mércores, 18 Xaneiro 2012 20:41

cartel_cantares_minor_2012-

O sábado 21 de xaneiro, a partir das 20:30h, no Auditorio Municipal Lois Tobío de Gondomar, celébrase o evento «CANTARES NO MIÑOR. I Encontro de Coros Tradicionais». No acto participarán a Agrupación Folclórica CANTIGAS E AGARIMOS, de Santiago de Compostela, e o Coro Tradicional CANTARES DO BRIÓN, do Centro Cultural de Vincios (Gondomar), que é a entidade organizadora. O acto será presentado por Xilberte Manso de la Torre, profesor do Instituto ProVal e membro destacado do Instituto de Estudos Miñoranos.
Ler máis...
 
O tema de crise económica abre a décima tempada consecutiva das TERTULIAS do IEM. PDF Imprimir Correo-e
Tertulias - Calendario
Escrito por IEM   
Mércores, 02 Novembro 2011 21:55

ramon-yanez-brague

Por décimo ano consecutivo comeza o ciclo  de TERTULIAS do Instituto de Estudos Miñoranos. Comezará o ciclo coa presenza de Ramón Yañez Brage que desenvolver unha charla que leva por título  "Crise de demanda, crise financeira, crise de débeda, crise industrial.....¡crise sistémica!" O noso convidado será presentado polo membro da Xunta de Goberno do IEM  Xosé García Crego. Como é costume o faladoiro terá lugar na sede do IEM,  Aula de Cultura "Ponte de Rosas" (Avda. da Feira, 10, baixo, Gondomar), o vindeiro venres 4 de novembro ás 20:30 horas.

Ler máis...
 
Últimos días para participar do V Premio de Poesía Victoriano Taibo – Entidade Local de Morgadáns. PDF Imprimir Correo-e
Premio Victoriano Taibo - Artigos
Escrito por IEM   
Martes, 03 Xullo 2012 20:19

vt2012

Lembramos que ata o vindeiro 31 de xullo está aberta a convocatoria do Instituto de Estudos Miñoranos e a Entidade Local de Morgadáns para participar do "V Premio de Poesía Victoriano Taibo – Entidade Local de Morgadáns". O mesmo está dotado con 3.000 €, unha peza escultórica do artista miñorán Fino Lorenzo e a publicación da obra premiada na colección Victoriano Taibo do IEM.
Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 Seguinte > Final >>

Páxina 109 de 256