Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Resolución do II Certame Escolar de Creación Dramática.
Reunidos os membros do xurado integrado por Miguel Anxo Mouriño Fernández, escritor e membro do IEM, Fátima Granxa Paz, en representación dos grupos da sección de teatro do Instituto de Estudos Miñoráns e Luís Carballo Moure, membro do IEM, que actuou como secretario, acordaron por unanimidade a concesión do premio do II Certame Escolar de Creación Dramática, que convoca o IEM en colaboración co concello de Gondomar ao CEIP Souto Donas (Gondomar) pola obra Día de pesadelo.

A obra foi escrita polas alumnas Carolina Figueroa Granxa, Erea Estévez Vilar e Zayra Costasde 6° curso de E.P.

O xurado, tamén acordou conceder accésit as seguintes obras:

Vaia tres na arribada! CEIP De Mallón

A casa embruxada. CEP Sabarís

Unha historia de piratas. C.E.I.P. Serra- Vincios

O premio consta de tres partes: un lote de libros, a publicación da obra na web do IEM e a súa representación polo grupo de teatro "A Moura" de Chaín, no colexio de Souto-Donas.

Ademais, o xurado decide entregar a cada participante un diploma acreditativo de participación no certame escolar de creación dramática.

Gondomar a 30 de marzo de 2019.

Está en:  Inicio
Skip to content
IEM - Instituto de Estudos Miñoranos
Alfonso A. Cáccamo inaugura a mostra "A revolución dos globos" no IEM. PDF Imprimir Correo-e
Sala exposicións - Sala Exposicions 2009 - 2016
Escrito por IEM   
Mércores, 25 Novembro 2015 21:54

Alfonso-A-Caccamo

Este venres 27 de novembro, ás 20:30 horas Alfonso Álvarez Cáccamo inaugura "A revolución dos globos". A exposición será presentada na Aula de Cultura Ponte de Rosas e contará coa intervención de Xosé María Álvarez Cáccamo.

Ler máis...
 
A Cabaqueira. A fabricación artesanal de tella do país PDF Imprimir Correo-e
Sala exposicións - Sala Exposicions Marzo 2016 - Hoxe
Escrito por IEM -Sec   
Martes, 07 Xuño 2016 22:25

O xoves 16 de xuño de 2016 no Instituto de Estudos Miñoráns en Gondomar presentamos a exposición A CABAQUEIRA, dedicada á fabricación artesanal de tella do país con todo o material empregado polos telleiros.

Ás 20.30 horas o telleiro e investigador, José Álvarez Alonso, "O Buraco", impartirá unha conferencia sobre o tema e fará unha demostración de fabricación de tellas e ladrillos de xeito manual.

A exposición permanece aberta ó público dende o pasado xoves ata finais de mes, de 18 horas a 20.30 horas.

cartel-a-cabaqueira

 

 
Presentación da Toponimia de Camos "Os nomes de Camos: Do Outeiro dos enforcados ao Sampiaio" PDF Imprimir Correo-e
Toponimia - Artigos
Escrito por IEM -Sec   
Mércores, 29 Marzo 2017 19:54
Este sábado, 1 de abril ás 19:00h da tarde, no centro cultural de Camos " A Camoesa" terá lugar a presentación "Os nomes de Camos: Do Outeiro dos enforcados ao Sampiaio".

 

En caso de bo tempo, haberá unha saída dende o centro cultural con visita toponímica polo lugar das Pedras, A Bandeira e Muiño do Grilo ás 17:30 h.

jpg

 
Xeiras IEM PDF Imprimir Correo-e
Xeiras - Información
Escrito por IEM -Sec   
Venres, 08 Xullo 2016 13:39

Xa iniciadas as xeiras do IEM para este verán, lembramos que a vindeira semana terán lugar:
O mércores 13 de xullo “ Camiñando por Borreiros. Toponimia, historia e patrimonio” que terá como punto de encontro A capela da Xunqueira ás 18:00 h e contaremos con Anxo Rodríguez Lemos como guía.
O venres 15 de xullo, “Talaxonimia, naufraxios e arte rupestre en Monteferro” que terá como punto de encontro o Hostal Monteferro ás 21:00 h e contaremos con Xosé Lois Vilar como guía.

captura de pantalla 2016-07-08 a las 13.52.24

 
PROGRAMA NIGRÁN A TRAVÉS DA MEMORIA PDF Imprimir Correo-e
Memoria histórica - Artigos
Escrito por IEM -Sec   
Martes, 10 Outubro 2017 17:28

 

22308570_1475426849210693_7162762898062113102_n

 
<< Inicio < Anterior 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 Seguinte > Final >>

Páxina 13 de 265