Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Resolución do II Certame Escolar de Creación Dramática.
Reunidos os membros do xurado integrado por Miguel Anxo Mouriño Fernández, escritor e membro do IEM, Fátima Granxa Paz, en representación dos grupos da sección de teatro do Instituto de Estudos Miñoráns e Luís Carballo Moure, membro do IEM, que actuou como secretario, acordaron por unanimidade a concesión do premio do II Certame Escolar de Creación Dramática, que convoca o IEM en colaboración co concello de Gondomar ao CEIP Souto Donas (Gondomar) pola obra Día de pesadelo.

A obra foi escrita polas alumnas Carolina Figueroa Granxa, Erea Estévez Vilar e Zayra Costasde 6° curso de E.P.

O xurado, tamén acordou conceder accésit as seguintes obras:

Vaia tres na arribada! CEIP De Mallón

A casa embruxada. CEP Sabarís

Unha historia de piratas. C.E.I.P. Serra- Vincios

O premio consta de tres partes: un lote de libros, a publicación da obra na web do IEM e a súa representación polo grupo de teatro "A Moura" de Chaín, no colexio de Souto-Donas.

Ademais, o xurado decide entregar a cada participante un diploma acreditativo de participación no certame escolar de creación dramática.

Gondomar a 30 de marzo de 2019.

Está en:  Inicio
Skip to content
IEM - Instituto de Estudos Miñoranos
NOTA INFORMATIVA: Hoxe venres 24 de agosto charla no local do IEM sobre "Petróglifos e as novas ferramentas de análise" por Xosé Lois Vilar, e proxección con tecnoloxía 3D PDF Imprimir Correo-e
Arqueoloxía - Actividades
Escrito por IEM -Sec   
Venres, 24 Agosto 2018 10:51
Hoxe venres 24 de agosto, ás 20:00 H no local do IEM (Avda, da Feira, 10 Baixo- Gondomar) terá lugar unha charla sobre "Petróglifos e as novas ferramentas de análise" por Xosé Lois Vilar, seguida dunha proxección de gravados rupestres con modelos en tecnoloxía 3D.

Esta actividade complementa á xeira de onte O Monte Tetón. A paisaxe tatuada polo concello de Tomiño.

 

 
Catro finalistas optan ao Premio de poesía VictorianoTaibo na súa XIª edición PDF Imprimir Correo-e
Premio Victoriano Taibo - Artigos
Escrito por IEM -Sec   
Mércores, 12 Setembro 2018 21:46

O xurado da XI edición do certame poético VictorianoTaibo que convoca o Concello de Gondomar, en colaboración co Instituto de Estudos Miñoráns, reunido o 11 de setembro, de entre as 59 obras presentadas, elixiu como obras finalistas, as que ostentaban os seguintes títulos por orde alfabética:

 

  • A situación actual
  • De animais e outros deuses
  • Dente de leite
  • Diástoles e sintonías

 

O veredicto definitivo darase a coñecer nos próximos días, momento en que se fará público o gañador ou gañadora desta décimo primeira edición.

O xurado desta XIª edición estivo constituído polos escritores e escritoras Iria Misa, Gonzalo Navaza, Miguel Anxo Mouriño, Marta Dacosta en nome do IEM e Rafa Vilar, gañador da Xª edición.

A entrega do premio será o día 17 de novembro nun acto que decorrerá no Auditorio Lois Tobío de Gondomar.

 
Obra gañadora do II Certame de Creación Literaria: Día de pesadelo PDF Imprimir Correo-e
Escrito por IEM -Sec   
Martes, 02 Abril 2019 20:50

DÍA DE PESADELO

Por Carolina Figueroa Granja, Erea Estévez Vilar

e Zayra Costas González, 11 anos, 6º E.P.

Colexio: ceip Souto-Donas

 

PERSONAXES:

— LAURA: muller nova, propietaria dun negocio e con familia.

— LOLA: muller de mediana idade, traballa de panadeira e ten dous fillos.

— ÚRSULA: nena, filla da panadeira.

— LUCAS: neno, fillo da panadeira.

— MANUEL: vello do lugar, un pouco xordo.

— ROSA: vella do lugar e muller de Manuel.

— ANDREA: moza adolescente, filla de Laura.

— ANDRÉS: mozo.

— ENMA: nena, filla de Laura.

— ANTÓN: home novo e marido de Laura.

 

INTRODUCIÓN:

A obra transcorre nunha tenda de roupa propiedade de Laura, unha moza moi atrevida que decidiu abrir o seu propio negocio.

Cando se abre o pano aparece Laura en escena moi atarefada colocando a mercadoría da nova tempada.

O escenario ten estantes cheos de roupa, un mostrador con aparatos de traballo de Laura (ordenador, teléfono, tpv, axenda, .....), e noutro punto do escenario unha morea de caixas cheas de mercadoría para desempaquetar.

 

Ler máis...
 
Proxección do documental "A luz do negro" de Encarna Otero sobre o traballo na mina das mulleres de Fontao. Venres 29 ás 20:30H PDF Imprimir Correo-e
O IEM - destacados
Escrito por IEM -Sec   
Mércores, 20 Marzo 2019 21:13
aluzdonegro

O venres 29 de marzo ás 20:30H o IEM proxectará A luz do negro,un documental de Encarna Otero sobre o traballo na mina das mulleres de Fontao.Será presentado por Diego Casal Ramos, enxeñeiro de minas e membro do Comité de Patrimonio da Cámara Oficial Mineira de Galicia.Ao finalizar a proxección haberá un coloquio con Encarna Otero.

O acto terá lugar na Aula de Cultura Ponte de Rosas, Gondomar.

 

A luz do negro. O wolframio da Brea e o poboado de Fontao

 

A LUZ DO NEGRO


(España, 2014)


Dirección e guión: Encarna Otero.

Realización: Beatriz Pérez e Manuel Gago.

Produción: Consello da Cultura Galega.

Fotografía: Teresa Navarro.

Duración: 33 minutos.

 

No ano 1939, a Brea era unha das grandes minas de volframio activas a nivel mundial. Axentes aliados e alemáns releaban pola compra do "ouro negro", do mineral estratéxico para o armamento da II Guerra Mundial. Isto xera unha febre mineira que ocupou miles de homes e mulleres na súa procura. A construción do poboado mineiro do Fontao na década dos cincuenta do século XX e o feito de que a actividade mineira da Brea, aínda que se vai reducindo paulatinamente, se prolongue ata a década dos sesenta fan deste territorio da Brea unha fonte rica de testemuñas, de mulleres que coa súa memoria nos achegan a realidade da vida na mina, a amosaren particularidades concretas e ben diferentes do que vivían moitas outras na Galiza dos escuros anos corenta, anos de represión, fame, miseria, anos de tanta dor. Con A luz do negro, perséguese que as testemuñas alumeen un mundo, o da minaría, onde as mulleres sempre fican agochadas.
 
Premio Nano Cambeiro de periodismo 2009 PDF Imprimir Correo-e
Premio Nano Cambeiro - Artigos
Escrito por IEM   
Luns, 28 Setembro 2009 18:53

O suplemento mensual do xornal A PENEIRA, A PENEIRA DO VAL MIÑOR, recibe o VII Premio Nano Cambeiro polo seu esforzo informativo sobre a comarca do Val Miñor.

O Premio de Xornalismo NANO CAMBEIRO foi instituído polo Instituto de Estudos Miñoranos para lembrar ao xornalista e ao amigo. Cumprindo co establecido na convocatoria, faise pública a súa resolución ao cumprirse o oitavo aniversario da irreparable perda do xornalista Nano Cambeiro.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 Seguinte > Final >>

Páxina 15 de 265