Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Resolución do II Certame Escolar de Creación Dramática.
Reunidos os membros do xurado integrado por Miguel Anxo Mouriño Fernández, escritor e membro do IEM, Fátima Granxa Paz, en representación dos grupos da sección de teatro do Instituto de Estudos Miñoráns e Luís Carballo Moure, membro do IEM, que actuou como secretario, acordaron por unanimidade a concesión do premio do II Certame Escolar de Creación Dramática, que convoca o IEM en colaboración co concello de Gondomar ao CEIP Souto Donas (Gondomar) pola obra Día de pesadelo.

A obra foi escrita polas alumnas Carolina Figueroa Granxa, Erea Estévez Vilar e Zayra Costasde 6° curso de E.P.

O xurado, tamén acordou conceder accésit as seguintes obras:

Vaia tres na arribada! CEIP De Mallón

A casa embruxada. CEP Sabarís

Unha historia de piratas. C.E.I.P. Serra- Vincios

O premio consta de tres partes: un lote de libros, a publicación da obra na web do IEM e a súa representación polo grupo de teatro "A Moura" de Chaín, no colexio de Souto-Donas.

Ademais, o xurado decide entregar a cada participante un diploma acreditativo de participación no certame escolar de creación dramática.

Gondomar a 30 de marzo de 2019.

Está en:  Inicio
Skip to content
IEM - Instituto de Estudos Miñoranos
O Foxo Pedriño na Serra da Groba. PDF Imprimir Correo-e
Xeografía e Historia - Novas
Escrito por IEM   
Xoves, 08 Agosto 2013 22:26
foxo-pedrinho-groba
Todo o país está cheo de foxos e cortellos para cazar o lobo. A magnitude das obras que hoxe podemos aínda observar, na maioría dos casos, en moi mal estado de conservación, ofrécenos unha información da salientable importancia que tiña a acción do lobo sobre a cabana gandeira. A falla de armas de fogo, a astucia e as lendas, unhas veces baseadas en feitos reais e outras inventadas, fixeron do lobo un inimigo a bater utilizando trampas e enxeños dun gran custo construtivo pero dunha grande utilidade e efectividade.
Ler máis...
 
Suspéndese a Xeira do IEM prevista para este mércores pola Fraga de Oliveira. PDF Imprimir Correo-e
Xeiras - Calendario
Escrito por IEM   
Martes, 26 Agosto 2014 20:27
fraga-oliveira
Ao tratarse dunha ruta con certa dificultade (medio-alta) e tomando en conta as previsións meteorolóxicas para a xornada o Instituto de Estudos Miñoranos vese na obriga de suspender a Xeira pola Fraga de Oliveira anunciada para este mércores 27 de agosto ás 17:30 horas. As posibilidade de choivas fai que o marco non sexa o adecuado pagar gozar desta andaina divulgativa polas fermosos espazos desta fraga, á vez que se desexa evitar calquera risco na seguridade dos visitantes. Sentímolo.
 
O ASLAUG E OS NOVE. Variacións (II) PDF Imprimir Correo-e
Contra a desmemoria - Artigos
Escrito por Xosé Lois Vilar   
Venres, 23 Xaneiro 2015 23:35
arnhild_arnilda_kristin

Para Esperanza Fernández Vernet.

 Hai datas cunha memoria especial, significativa, marcada a ferro nas persoas e nos pobos. Hai tamén lugares coas mesmas características. A mistura de datas e lugares valórana pobos e persoas de maneira subxectiva.

Ler máis...
 
Cea e TERTULIA do IEM con Xurxo Manuel Souto Eiroa. PDF Imprimir Correo-e
Tertulias - Calendario
Escrito por IEM   
Martes, 09 Decembro 2014 19:09

xurxosouto

Músico, escritor, locutor, produtor e unha multitude de oficios vencellados á comunicación enxoian a traxectoria de Xurxo Manuel Souto Eiroa (Galicia, 1966), protagonista da vindeira TERTULIA do IEM. O arqueólogo Xosé Lois Vilar será o encargado de presentar ao convidado quen nos visitará este venres 12 de decembro ás 20:30 horas, na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avenida da Feira Nº10, baixo, Gondomar).

Tamén como é tradicional, despois do acto aberto ao público en xeral haberá unha cea coa persoa convidada que terá lugar no Pazo da Escola de Mañufe Gondomar á que se poderá asistir facendo a correspondente reserva de praza no teléfono 986 360 575 ou ben no correo electrónico oficina@ minhor.org  . Pregamos facelo antes do vindeiro xoves pola noite.

Ler máis...
 
A balea varada PDF Imprimir Correo-e
Filoloxía e literatura - Textos literarios
Escrito por A.Valverde Alonso   
Xoves, 19 Febreiro 2015 20:43

groba_debuxo

Nestes días despexados pero fríos, é unha ledicia quentarse ao sol ao pairo do mainiño nordés nunha tasquiña das que hai no paseo de Panxón e repousar o ánimo oíndo o cadencioso bruído das ondas desfacéndose na praia e recrear a vista coa paisaxe onde se mesturan, ben compaxinados, os distintos azuis do mar e os verdes dos campos e das árbores do monte, salpicados do branco de casas e barcos, e ao fondo, tras das brétemas esvaecidas, a serra da Groba.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 Seguinte > Final >>

Páxina 17 de 265