Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

IV Mostra de teatro afeccionado do Val Miñor e Oia. Dende o 12 de xaneiro ata o 2 de febreiro.

 

A partir do vindeiro sábado 12 de xaneiro o Auditorio Municipal Lois Tobío de Gondomar acollerá a IV Mostra de teatro afeccionado do Val Miñor e Oia.
Organizado polo Instituto de Estudos Miñoráns co apoio do Concello de Gondomar fomentarán e potenciarán a creatividade teatral e a representación neste mes de xaneiro que abre as portas a un ano de celebración dos 20 anos do IEM.
A programación constará dun total de oito pezas teatrais interpretadas por Vichelocrego, Tranghallada teatro, Bertorella, Pritis- Guomins, A Moura, Os cabalos rosas brincan no patín, O mellor de cada casa e Arredemo.
A entrada será gratuíta e para todos os públicos.

Programación

Sábado 12 de xaneiro- 19.30h
Jansel e Ponsel, representada por Tranghallada teatro de Nigrán.

Domingo 13 de xaneiro- 18.00h
Mamasiña que medo!, representada por Bertorella de Morgadáns.

Sábado 19 de xaneiro- 19.30h

Cóncavo-convexo, representada por Vichelocrego de Gondomar.

Domingo 20 de xaneiro- 18.00h

Rosa rosae, representada por Pritis- Guomins de Aula teatro Gondomar.

Sábado 26 de xaneiro- 19.30h
A revirada, representada por A Moura de Chaín.

Domingo 27 de xaneiro- 18.00h

Cousas da vida, representada por O mellor de cada casa de Viladesuso.

Sábado 2 de febreiro- 19.30h

O restaurante Farruco representada por Os cabalos rosas brincan no patín de Viladesuso.
Maruxas 3.0, representada por Arredemo de Gondomar.
Está en:  Inicio Conferencias e obradoiros
Skip to content
Máis de 300 persoas participaron da visita nocturna aos petróglifos da parroquia de Tourón. PDF Imprimir Correo-e

Xeiras - Información
Sábado, 16 Xullo 2011 04:51

{youtube width="250" height="200"}1xXKQyRRk_I{/youtube}

Fóra de toda previsión, a visita nocturna para visitar os petróglifos de  Tourón congregou a máis de 300 persoas chegadas de distintos puntos de Galicia. Autobuses de estudantes, grupos da adultos maiores, rapaciños, e xente de tódalas idades achegáronse sobre as 22 horas ao Centro de Interpretación Arqueolóxica do Tourón, para escoitar unha presentación do arqueólogo Xosé Lois Vilar (IEM) sobre "Escenas de caza na arte rupestre galega". Inmediatamente despois, os asistentes subiron cara ao monte para visitar os petróglifos guiados polo equipo de xeiras do IEM.


O vindeiro mércores 20, continúan as Xeiras do Verán cunha visita a Serra da Groba: de Belesar a Chan da Lebre, que estará a cargo dos guías Xilberte Manso e Xosé Ramón García. A saída será ás 18 horas da Praza de Sabarís.

 

Dim lights Embed Embed this video on your site