Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Resolución do II Certame Escolar de Creación Dramática.

Reunidos os membros do xurado integrado por Miguel Anxo Mouriño Fernández, escritor e membro do IEM, Fátima Granxa Paz, en representación dos grupos da sección de teatro do Instituto de Estudos Miñoráns e Luís Carballo Moure, membro do IEM, que actuou como secretario, acordaron por unanimidade a concesión do premio do II Certame Escolar de Creación Dramática, que convoca o IEM en colaboración co concello de Gondomar ao CEIP Souto Donas (Gondomar) pola obra Día de pesadelo.

A obra foi escrita polas alumnas Carolina Figueroa Granxa, Erea Estévez Vilar e Zayra Costasde 6° curso de E.P.

O xurado, tamén acordou conceder accésit as seguintes obras:

Vaia tres na arribada! CEIP De Mallón

A casa embruxada. CEP Sabarís

Unha historia de piratas. C.E.I.P. Serra- Vincios

O premio consta de tres partes: un lote de libros, a publicación da obra na web do IEM e a súa representación polo grupo de teatro "A Moura" de Chaín, no colexio de Souto-Donas.

Ademais, o xurado decide entregar a cada participante un diploma acreditativo de participación no certame escolar de creación dramática.

Gondomar a 30 de marzo de 2019.

Está en:  Inicio Conferencias e obradoiros
Skip to content
No primeiro cabodano de Don Paco del Riego. PDF Imprimir Correo-e

O IEM - Novas
Sábado, 26 Novembro 2011 23:04
BLOQUE_PAIN


Xa fai un ano que nos deixou Don Paco del Riego. O seu corpo "apagouse pouco a pouco", a pesares de que a súa cabeza aínda mantiña viva a luz que o alumeou perante 97 anos.
Non o esquenceremos. Os corpos desaparecen, mais as ideas e os exemplos de todo unha vida entregada por unha causa, Galiza, eses non van a esmorecer mentres haxa xente que teña folgos para lembrar os seu sabios consellos e a exemplaridade do seu traballo.
Don Paco, hoxe alboreou o sol por riba dos cumes das Gallas do Galiñeiro e o mar está tranquilo nos areais de Lourido. A Groba onte no solpor tinguíuse de belas cores que presaxiaban está mañán fermosa. Lembraremos a súa figura e o seu nome, mentres ollamos a terra que nos matén, e daremos grazas á vida por telo coñecido e aprender do seu maxisterio impagable.
Dende as abas de san Pedro, onde repousan as súas cinzas, encheremos o fol do noso peito para seguir avante tentando transmitir o mellor da súa herdanza ás xeracións futuras. Loitaremos nobremente pola dignidade do noso país, a súa cultura e a súa lingua, como vostede fixo e nos deixou dito.
Non daremos ao esquecemento nin o seu nome nin a súa obra e, na súa memoria os versos de Pondal do noso himno, cantaremos para acompañar a esperanza nunha patria que nos negan, mais non imos a esmorecer ni fraquear. Aí, onde se atope o seu espíritu, seguro que aniña a forza e o alento para guindalo, dalgún xeito, aos que aínda pisamos a terra do fogar de Breogán. Estaremos atentos . Sabemos que nunca nos fallou nen nos a fallar.
Na súa memoria esta Alborada de Veigas:

Dim lights Embed Embed this video on your site