Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

PRESENTACIÓN EN PONTEVEDRA D’A RELIXIÓN DO MAR o venres día 26 ás 20:00 horas.

PRESENTACIÓN EN PONTEVEDRA D'A RELIXIÓN DO MAR

O Ateneo de Pontevedra organiza a presentación, na libraría Paz desta cidade, do poemario A relixión do mar, de Xosé Iglesias Lamela, que obtivo en 2016 o IX Premio de Poesía Victoriano Taibo convocado polo concello de Gondomar e xestionado polo Instituto de Estudos Miñoráns.

O autor, mariñeiro en activo, rende neste libro unha homenaxe ao mar en todas as facetas con el relacionadas e faino coa forza, a autenticidade e a creatividade de quen ama profundamente o que fai e o que di; talvez por iso o poemario tivo unha traxectoria tan afortunada con abundancia de críticas favorables e presentacións en moitos lugares de Galicia. Agora tócalle recibilo a Pontevedra da man do tamén poeta (e máis cousas: profesor, etnógrafo, activista cultural) Calros Solla, gañador en 2011 do IV Premio de Poesía Victoriano Taibo coa obra Holocausto zacoe, que compite con esta en forza, creatividade e orixinalidade, aínda que nun rexistro totalmente distinto.

O acto terá lugar o venres día 26 ás 20:00 horas na Libraría Paz, situada en rúa Peregrina nº 29 de Pontevedra.

Está en:  Inicio Conferencias e obradoiros
Skip to content
Venres 25 de xuño. Presentación de As colareiras do Grove de Patricia Arias Chachero e Antón Mascato PDF Imprimir Correo-e

Filoloxía e literatura - Artigos
Venres, 11 Xuño 2010 12:23
as_colareiras_do_grove

Venres 25 de xuño
Ás 20:30h. na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avda. da Feira, 10, baixo, Gondomar)
Presentación de As colareiras do Grove de Patricia Arias Chachero e Antón Mascato García
Interveñen: os autores, Miguel Muñiz (director da Editorial todogrove) e Serafín e Enrique Lorenzo propietario de Nacamar de Sabarís

As Colareiras do Grove: Pese á fonda tradición que este oficio ten na vila do Grove, son moi escasas as publicacións que fan referencia á labor que durante moitas décadas desenvolveron as colareiras na Illa da Toxa creando xoias coas cunchas que a marea abandona nos areais. Neste rigoroso traballo de investigación que se completa cunha valiosa escolma de fotografías dos últimos cen anos, Patricia Arias e Antón Mascato presentan unha visión poliédrica deste oficio, remóntanse ao pouco que se sabe das súas orixes e afondan nas transformacións que esta profesión moitas veces invisible foi sufrindo ata o día de hoxe.

Patricia Arias Chachero: Fixo estudos de Filoloxía galego-portuguesa. Foi bolseira na Fundación Otero Pedrayo. Exerce como profesora de Lingua e literatura galega. Actualmente é membro dos consellos de redacción da revista de pensamento feminista Andaina e de Longalingua, revista de lingua e sociedade. En ambas publicacións colabora con asiduidade. Xunto con Mónica Pazos Martínez preparou a edición dos dous tomos de Cartas á nai de Ramón Otero Pedrayo (Galaxia, 2007), nese mesmo ano editou unha Antoloxía comentada, centrada na vida e na obra da poeta María Mariño (Galaxia, 2007). Coautora do libro Lingua Galega e Literatura de 1º Bacharelato (Galaxia 2008) e de 2º de Bacharelato (Galaxia, 2009). Foi a coordinadora da edición do libro Mecas. A memoria das mulleres (IES As Bizocas, 2009), realizado polas alumnas e alumnos do IES As Bizocas de San Vicente do Grove, centro no que traballa.

Antón Mascato García: Estudou Filoloxía galego-portuguesa. Traballa no sector editorial, onde dirixe unha empresa, ademais ten exercido cargos directivos na Asociación Galega de Editores e na Federación de Gremios de Editores de España. Actualmente é membro da Comisión do Arquivo Sonoro do Consello da Cultura Galega, da xunta Directiva do Instituto de Estudos Miñoranos. É concelleiro de Cultura/Patrimonio histórico e Normalización lingüística no Grove. Ten publicadas as obras Paco del Riego. Unha historia de restauración cultural de Galicia (Cumio, 2005) e A Ruta do Mar de Arousa (Cumio, 2004). Xunto con Isaac Díaz Pardo e Vitor Freixanes foi co-director de Proxecto Século XXI no que foron publicadas obras de referencia como a Diciopedia, ou o Dicionario da Lingua Galega, entre outras das que tamén foi redactor. Participou como co-autor na edición da obra Laxeiro. Catálogo Universal (NovaGalicia, 2009) promovido pola Fundación Laxeiro.