Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Presentación da revista REM Nº18 (2019)

 

O venres 7 de xuño, ás 20:30H na Biblioteca Pública Municipal de Baiona, presentarase a revista REM nº 18 (2019) do Instituto de Estudos Miñoráns.

O acto contará con colaboración musical e as intervencións de Xulián Maure Rivas, Natalia Jorge Pereira, Xilberte Manso de la Torre, Soledad García Riveiro e Antonio Soliño Troncoso que farán unha breve presentación das súas colaboracións.

Conduce o acto María Lemos Cerqueira.

Está en:  Inicio Conferencias e obradoiros
Skip to content
O Consello da Cultura publica o repositorio “Francisco Fernández del Riego. Correspondente para América”. PDF Imprimir Correo-e

O IEM - Novas
Escrito por IEM   
Venres, 17 Xaneiro 2014 20:50
del_riego_ban

Compartimos o último proxecto elaborado polo Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega para conmemorar o centenario do nacemento de D. Francisco Fernández del Riego. Baixo o título "Francisco Fernández del Riego. Correspondente para América". O mesmo foi realizado tras o traballo de baleirado e dixitalización de fondos propios, contando tamén co aporte dos audios do Arquivo Sonoro de Galicia.

O CCG acaba de publicar unha reposición repositorio especial que recolle a traxectoria e impacto cultural deste persoeiro en América. O especial permite explorar case trescentos artigos que o polígrafo “Fillo adoptivo de Nigrán” e “Socio de Honor do IEM” realizou en máis de vinte publicacións promovidas por sociedades de emigrantes en América.

Preme aquí para consultar o repositorio especial