Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Presentación do libro " Ser modou modou" de Cheikh Fayé. Mércores 20 de setembro ás 20:00h. Presenta Marta Dacosta.
O vindeiro mércores 20 de setembro ás 20:00h o IEM acollerá a presentación do libro " Ser modou modou" do senegalés Cheikh Fayé. Será na Aula de Cultura Ponte de Rosas , Avenida da Feira, 10 baixo en Gondomar.
Cheikh Fayé emigrou á Coruña desde o seu Senegal natal buscando un futuro mellor, mais a crise tamén derrubou as súas arelas e hoxe vai tirando coa venda ambulante, como a maioría dos seu compatriotas.
O seu esforzo por integrarse e comprender Galiza, fai que hoxe non só se denomine a si mesmo senegalego, senón que mesmo comparta a nosa lingua, sendo este Ser modou modou o primeiro libro escrito en galego por un senegalés de nacemento.
Da súa odisea, metáfora da odisea doutro pobo obrigado a buscar o futuro na emigración, fala este libro.
María Xosé Bravo escribe no prólogo: "Estes textos que se presentan aquí ...son, nestes tempos de valados e fronteiras, un espazo libre, un xeito de diálogo con espírito aberto de reflexión crítica; unha visión sobre Galiza dunha persoa nacida a miles de quilómetros na África atlántica. Haberá outras moitas visións sobre Galiza, sen dúbida, mais esta ten mirada limpa, inocente, amable (demasiado amable?) mais tamén crítica, cando cómpre, sobre o noso país e as súas xentes."
O autor estará acompañado pola escritora e coordinadora da sección de Filoloxía e Literatura do IEM, Marta Dacosta.
Está en:  Inicio Conferencias e obradoiros Artigos
Skip to content
Artigos
Curso de extensión universitaria “Avanzando na dinamización local con recursos propios: "O monte". PDF Imprimir Correo-e
Ciclos conferencias e obradoiros - Artigos
Escrito por IEM -Sec   
Domingo, 26 Xuño 2016 10:11

Dende o 13 ao 16 de setembro terá lugar na Aula Ponte de Rosas (sede do IEM) en Gondomar o Curso de Extensión Universitaria “Avanzando na dinamización local con recursos propios: "O monte". Organizado por gieea (grupo de investigación en economía ecolóxica e agroecolóxica), financiada pola Universidade de Vigo e Concello de Gondomar e entidades colaboradoras IEM e uvigotv.

Para máis información en Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo e webs.uvigo.gal/economiaecoloxica


captura de pantalla 2016-06-26 a las 10.20.51

captura de pantalla 2016-06-26 a las 10.21.26

 

 

 

 
Ciclo de actividades " O monte e nós" PDF Imprimir Correo-e
Ciclos conferencias e obradoiros - Artigos
Escrito por IEM -Sec   
Luns, 30 Maio 2016 22:24

O vindeiro venres 3 de xuño comeza un ciclo de actividades " O monte e nós" nas que colabora SOS Groba e o IEM. A primeira, a inauguración da exposición " Ceibes no monte" coa proxección documental " O garrano" por Xilberte Manso na terraza do Mosteiro. Casa cultural de Oia ás 20:00h.

expofinal

o monte e ns

 
Acto conmemorativo do cincuenta aniverasio do falecemento de Victoriano Taibo, na aula Ponte de Rosas o venres 18 as 20.30 horas PDF Imprimir Correo-e
Ciclos conferencias e obradoiros - Artigos
Escrito por IEM -Sec   
Luns, 14 Marzo 2016 21:39

Hai cincuenta anos, o día 13 de marzo de 1966, falecía en Vigo Victoriano Taibo, poeta da Fala, que tanto agarimo, dedicación, entusiasmo e ben facer lles dedicou á nosa lingua e á nosa literatura. O Instituto de Estudos Miñoráns convídavos ao acto conmemorativo desta efeméride, que aproveitaremos, ademais, para dar noticia do proxecto de publicación dunha nova obra que o mestre de Morgadáns deixou inédita: Contos Pequenos. Trátase dun opúsculo que lle regalou a Hixinio, fillo dos seus amigos Antón Beiras e Antía Cal, cun motivo entrañable. A familia do oftalmólogo e a pedagoga decidira ter como lingua doméstica o galego, pero atopábanse con que non había material para que os nenos aprendesen adecuadamente. E Taibo, amigo, mestre e escritor, quixo pór á súa disposición un anaco dese material en forma de contos populares sublimados pola súa pluma, coidadosamente manuscritos e encadernados, con debuxos dun seu amigo chamado Rial. Participarán no acto Xesús Alonso Montero, Gonzalo Navaza, Camiño Noia e Armando Requeixo. Gustaríanos contar coa vosa asistencia a este acto que pretende ser, tamén, reivindicativo da concesión dun Día das Letras Galegas a un ilustre académico, lingüista, narrador e poeta, o único da tétrade das Irmandades da Fala (Cabanillas, Noriega Varela, López Abente e Taibo) que non obtivo tal distinción. No mesmo acto será convocado o IX Premio de Poesía Victoriano Taibo, rescatado da súa máis que posible extinción polo concello de Gondomar, que asume integramente a dotación do premio e os demais gastos de xestión.

Con este acto gustaríanos chegar ao maior número de persoas posibles para reivindicar o escritor Taibo, para a consolidación do premio de poesía que leva o seu nome e para a publicación.

 

taibo

 
Os faladoiros do IEM: “SABEMOS O QUE COMEMOS?” PDF Imprimir Correo-e
Ciclos conferencias e obradoiros - Artigos
Escrito por IEM   
Mércores, 18 Novembro 2015 19:30

alimentacion-cartel-oficialVenres 20 e Xoves 26 de novembro

Cada vez é máis difícil descifrar os ingredientes da maioría dos produtos que atopamos nunha cadea de distribución alimentaria. Colorantes, aromatizantes, conservantes, saborizantes ou edulcorantes. Que se esconde detrás destes aditivos? Poden ter efectos negativos sobre nosa saúde? 

 ALTERNATIVAS Á INDUSTRIA ALIMENTARIA -VENRES 20 NOVEMBRO ás 20:30 h

Ler máis...
 
Inscricións para un obradoiro de creación literaria coa escritora Marta Dacosta. PDF Imprimir Correo-e
Ciclos conferencias e obradoiros - Artigos
Escrito por IEM   
Mércores, 09 Setembro 2015 23:44
MARTA_DACOSTA
O vindeiro mes de outubro dará comezo un obradoiro de creación literaria a cargo da escritora Marta Dacosta. Baixo o título "III Obradoiro de creación literaria Victoriano Taibo", 25 persoas poderán participar desta actividade que se desenvolverá durante sete sesións na nosa sede, Aula de Cultura Ponte de Rosas cas seguintes características:
Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 1 de 24