Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Resolución do II Certame Escolar de Creación Dramática.

Reunidos os membros do xurado integrado por Miguel Anxo Mouriño Fernández, escritor e membro do IEM, Fátima Granxa Paz, en representación dos grupos da sección de teatro do Instituto de Estudos Miñoráns e Luís Carballo Moure, membro do IEM, que actuou como secretario, acordaron por unanimidade a concesión do premio do II Certame Escolar de Creación Dramática, que convoca o IEM en colaboración co concello de Gondomar ao CEIP Souto Donas (Gondomar) pola obra Día de pesadelo.

A obra foi escrita polas alumnas Carolina Figueroa Granxa, Erea Estévez Vilar e Zayra Costasde 6° curso de E.P.

O xurado, tamén acordou conceder accésit as seguintes obras:

Vaia tres na arribada! CEIP De Mallón

A casa embruxada. CEP Sabarís

Unha historia de piratas. C.E.I.P. Serra- Vincios

O premio consta de tres partes: un lote de libros, a publicación da obra na web do IEM e a súa representación polo grupo de teatro "A Moura" de Chaín, no colexio de Souto-Donas.

Ademais, o xurado decide entregar a cada participante un diploma acreditativo de participación no certame escolar de creación dramática.

Gondomar a 30 de marzo de 2019.

Está en:  Inicio Conferencias e obradoiros Artigos Comeza GONDOMARDOCUMENTA
Skip to content
Comeza GONDOMARDOCUMENTA PDF Imprimir Correo-e

Ciclos conferencias e obradoiros - Artigos
Luns, 02 Agosto 2010 23:13
Cartel-Naipe-de-Sangue1-web
Comeza GONDOMARDOCUMENTA, un ciclo de cine a desenvolverse dende o próximos xoves 5 ata o 26 de agosto na Praza do Centro de Saúde de Gondomar. A primeira película é Naipe de Sangue, unha mediametraxe de José Ballesta e Manxo Fernández. O filme está enmarcado dentro dun proxecto documental en fase de produción sobre Marcial Lafuente Estefanía o célebre escritor de novelas do oeste.
O exteriores do filme foron rodados, en parte, na Serra do Galiñeiro. Na proxección contaremos coa presenza de José Ballesta.
A proxección será o xoves 5 a dez da noite, con entrada de balde e para todo público.
O ciclo GONDOMARDOCUMENTA de cine documental é organizado polo IEM, a Asociación de Comerciantes e Hostaleiros de Gondomar (ACHEGO), e coa colaboración do Concello de Gondomar.