Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Resolución do II Certame Escolar de Creación Dramática.

Reunidos os membros do xurado integrado por Miguel Anxo Mouriño Fernández, escritor e membro do IEM, Fátima Granxa Paz, en representación dos grupos da sección de teatro do Instituto de Estudos Miñoráns e Luís Carballo Moure, membro do IEM, que actuou como secretario, acordaron por unanimidade a concesión do premio do II Certame Escolar de Creación Dramática, que convoca o IEM en colaboración co concello de Gondomar ao CEIP Souto Donas (Gondomar) pola obra Día de pesadelo.

A obra foi escrita polas alumnas Carolina Figueroa Granxa, Erea Estévez Vilar e Zayra Costasde 6° curso de E.P.

O xurado, tamén acordou conceder accésit as seguintes obras:

Vaia tres na arribada! CEIP De Mallón

A casa embruxada. CEP Sabarís

Unha historia de piratas. C.E.I.P. Serra- Vincios

O premio consta de tres partes: un lote de libros, a publicación da obra na web do IEM e a súa representación polo grupo de teatro "A Moura" de Chaín, no colexio de Souto-Donas.

Ademais, o xurado decide entregar a cada participante un diploma acreditativo de participación no certame escolar de creación dramática.

Gondomar a 30 de marzo de 2019.

Está en:  Inicio Conferencias e obradoiros Artigos GONDOMAR DOCUMENTA: Galeg@s Universais
Skip to content
GONDOMAR DOCUMENTA: Galeg@s Universais PDF Imprimir Correo-e

Ciclos conferencias e obradoiros - Artigos
Venres, 13 Agosto 2010 21:46
Calendario1-web
Download this file (diptico A5 Galegos.pdf)
  • Anterior
  • 1 of 2
  • Seguinte

Deixamos un avance do filme da próxima semana, do ciclo Gondomar Documenta: Galeg@s universais. Historias do Mar. Unha película documental do pontevedrés Lukas Santiago. A proxección será o xoves 26 de agosto ás 22h. na Praza do Centro de Saúde de Gondomar.

{youtube width="200" height="160"}-Sq8UKZCkto{/youtube}

"Galeg@s, porque son persoas nas que desborda a sabiduría popular, que representan o espírito do pobo galego, a fala, a retranca, as lendas..."
"Universais, porque son persoas anónimas, que non soen ter a palabra, pero que teñen moito que contar... e son especiais, aquí e en Australia..."
"Historias do mar porque son persoas domar, desa cultura mariñeira que moldeou a alma das xentes da nosa costa durante séculos..." (Lukas Santiago)

Achegamos folla informativa coa ficha técnica, ficha artística e sinopse.

Attachments:
Folla informativa Galeg@s Universais[ ]1567 Kb