Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Presentación da revista REM Nº18 (2019)

 

O venres 31 de maio, ás 20:30H na Biblioteca Pública Municipal de Baiona, presentarase a revista REM nº 18 (2019) do Instituto de Estudos Miñoráns.

O acto contará con colaboración musical e as intervencións de Xulián Maure Rivas, Natalia Jorge Pereira, Xilberte Manso de la Torre, Soledad García Riveiro e Antonio Soliño Troncoso que farán unha breve presentación das súas colaboracións.

Conduce o acto María Lemos Cerqueira.

Está en:  Inicio Conferencias e obradoiros Artigos O IEM participará no Foro 2010 en Santiago de Compostela.
Skip to content

Relacionados

O IEM participará no Foro 2010 en Santiago de Compostela. PDF Imprimir Correo-e

Ciclos conferencias e obradoiros - Artigos
Venres, 17 Setembro 2010 19:21
foro-2010-sc
Download this file (02_cartaz_foro2010.pdf)
Download this file (composicion_mesas_congreso_cultura_de_guerra_cultura_de_paz.pdf)
Download this file (congreso_Parte1.pdf)
Download this file (foro 2010.pdf)
  • Anterior
  • 1 of 5
  • Seguinte

Dende o próximo 3 de decembro terá lugar o Foro 2010 en Santiago de Compostela, evento que aglutinará a institucións e persoeiros destacados no ámbito científico e cultural tanto no nacional como internacional.

Unha serie de conferencias, congresos e obradoiros daranse sita na cidade compostelán ao longo do mes. O IEM foi invitado a participar no Congreso internacional sobre memoria da guerra, reconciliación e cultura de paz, a través da presenza do seu director Carlos Méixome Quinteiro.

O Foro 2010 é unha iniciativa promovida orixinalmente polo Seminario Galego de Educación para a Paz e pola Fundación Cultura de Paz e conta, desde o seu inicio, co apoio de distintas institucións públicas e privadas, particularmente, da Xunta de Galicia, do Xacobeo 2010, do Concello de Santiago de Compostela e da súa Universidade (USC), así como de numerosas entidades e organizacións da sociedade civil, especializadas na educación e a investigación para a paz, e á que se foron sumando máis e máis institucións e asociacións de moi distinto ámbito e especialidade.

O Congreso internacional sobre memoria da guerra, reconciliación e cultura de paz.

 Este congreso ten como obxectivo reunir durante tres días a recoñecidos profesionais, especialistas no estudo histórico e xurídico dos procesos de paz e reconciliación que, xunto ás vítimas de procesos represivos, analizarán en perspectiva as diferentes experiencias no referente á superación de conflitos bélicos e ditaduras e as políticas transicionais levadas a cabo desde os diferentes gobernos. Tamén terá cabida no congreso o punto de vista das vítimas e as accións que levan a cabo as asociacións de familiares de represaliados que están traballando na recuperación da memoria daqueles

que sufriron a represión. O congreso pretende prestar especial atención ao fenómeno no Estado Español, Europa e América Latina, así como as consecuencias xurídicas destes procesos e a lexislación que deriva deles.

 Data: O Congreso terá lugar en Santiago de Compostela os días 14 e 15 de decembro de 2010. A inauguración será o 13 de decembro ás 19:00 horas.

Lugar: Auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela.

 INSCRICIÓNS PARA O FORO 2010

Abriuse o prazo de inscrición para os eventos do Foro 2010. Os e as participantes poden inscribirse para todos os eventos (Foro Mundial de Educación e tres congresos académicos) ou para cada un deles por separado. Existen tarifas especiais para habitantes do Sur xeopolítico, así como para inscricións de 5 ou máis membros dunha organización, que terán un 30% de desconto. O prazo de inscrición rematará o 1 de novembro de 2010

Para inscribirse prema aquí

Achegamos para descargar follas informativas do Foro 2010 e do Congreso internacional sobre memoria da guerra, reconciliación e cultura de paz.