Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Resolución do II Certame Escolar de Creación Dramática.

Reunidos os membros do xurado integrado por Miguel Anxo Mouriño Fernández, escritor e membro do IEM, Fátima Granxa Paz, en representación dos grupos da sección de teatro do Instituto de Estudos Miñoráns e Luís Carballo Moure, membro do IEM, que actuou como secretario, acordaron por unanimidade a concesión do premio do II Certame Escolar de Creación Dramática, que convoca o IEM en colaboración co concello de Gondomar ao CEIP Souto Donas (Gondomar) pola obra Día de pesadelo.

A obra foi escrita polas alumnas Carolina Figueroa Granxa, Erea Estévez Vilar e Zayra Costasde 6° curso de E.P.

O xurado, tamén acordou conceder accésit as seguintes obras:

Vaia tres na arribada! CEIP De Mallón

A casa embruxada. CEP Sabarís

Unha historia de piratas. C.E.I.P. Serra- Vincios

O premio consta de tres partes: un lote de libros, a publicación da obra na web do IEM e a súa representación polo grupo de teatro "A Moura" de Chaín, no colexio de Souto-Donas.

Ademais, o xurado decide entregar a cada participante un diploma acreditativo de participación no certame escolar de creación dramática.

Gondomar a 30 de marzo de 2019.

Está en:  Inicio Conferencias e obradoiros Artigos Xornadas sobre os estudos da represión do primeiro franquismo na provincia de Pontevedra
Skip to content

Relacionados

Xornadas sobre os estudos da represión do primeiro franquismo na provincia de Pontevedra PDF Imprimir Correo-e

Ciclos conferencias e obradoiros - Artigos
Mércores, 13 Outubro 2010 18:53
muerto_mujer_llorando
Download this file (Xornadas.pdf)
  • Anterior
  • 1 of 2
  • Seguinte

Os estudos sobre a represión franquista na provincia de Pontevedra teñen avanzado considerablemente nos últimos anos. Aínda así en moitos concellos non se avanzou moito máis que no baleirado de rexistros civís, causas militares e outra documentación Botar unha ollada ao traballo realizado, reflexionar sobre o mesmo, e esbozar novas liñas de investigación (desaparecidos, detencións non documentadas, iniciativas xurídicas, relación supracomarcal entre as organizacións obreiras e agrarias, conexións para a organización da resistencia, planeamento da represión, etc ...) son os obxectivos destas xornadas sobre os estudos da represión do primeiro franquismo na provincia de Pontevedra, organizadas polo Instituto de Estudos Miñoranos na súa sede da Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avda. da Feira, 10, baixo, Gondomar)


Estas xornadas enmárcanse dentro dun proxecto que veu desenvolvendo o IEM dende o pasado ano coa axuda do Ministerio de la Presidencia do Gobierno de España para dixitalizar e transcribir as causas militares nas que se viron encartados veciños e veciñas do Val Miñor entre 1936 e 1939. Algunhas desas causas xa poden ser consultadas (as imaxes, a transcrición e un resumo orientador) na nosa páxina web www.minhor.org. Nos próximos días iranse subindo á web as demais causas.
No arquivo adxunto achegase o programa destas xornadas denominadas "O estudo da represión no primeiro franquismo na provincia de Pontevedra. Estado da Cuestión". A asistencia ás mesmas é gratuíta ata completar o aforo, polo que recomendamos a solicitude de praza en resposta a este correo ou ben no 986 360 575 (polas tardes).
Attachments:
Programa das Xornadas[ ]65 Kb