Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Resolución do II Certame Escolar de Creación Dramática.

Reunidos os membros do xurado integrado por Miguel Anxo Mouriño Fernández, escritor e membro do IEM, Fátima Granxa Paz, en representación dos grupos da sección de teatro do Instituto de Estudos Miñoráns e Luís Carballo Moure, membro do IEM, que actuou como secretario, acordaron por unanimidade a concesión do premio do II Certame Escolar de Creación Dramática, que convoca o IEM en colaboración co concello de Gondomar ao CEIP Souto Donas (Gondomar) pola obra Día de pesadelo.

A obra foi escrita polas alumnas Carolina Figueroa Granxa, Erea Estévez Vilar e Zayra Costasde 6° curso de E.P.

O xurado, tamén acordou conceder accésit as seguintes obras:

Vaia tres na arribada! CEIP De Mallón

A casa embruxada. CEP Sabarís

Unha historia de piratas. C.E.I.P. Serra- Vincios

O premio consta de tres partes: un lote de libros, a publicación da obra na web do IEM e a súa representación polo grupo de teatro "A Moura" de Chaín, no colexio de Souto-Donas.

Ademais, o xurado decide entregar a cada participante un diploma acreditativo de participación no certame escolar de creación dramática.

Gondomar a 30 de marzo de 2019.

Está en:  Inicio Conferencias e obradoiros Artigos Coloquio Internacional Memoria da Guerra, Reconciliación e Cultura de Paz
Skip to content
Coloquio Internacional Memoria da Guerra, Reconciliación e Cultura de Paz PDF Imprimir Correo-e

Ciclos conferencias e obradoiros - Artigos
Venres, 10 Decembro 2010 19:25
imaxenomes
Download this file (programa_coloquio novo.pdf)
  • Anterior
  • 1 of 2
  • Seguinte
O Proxecto Interuniversitario "Nomes e Voces", invita á inauguración do Coloquio Internacional Memoria da Guerra, Reconciliación e Cultura de Paz que se celebrará o vindeiro luns 13 de decembro, ás 19.00 horas, no Paraninfo da Facultade de Xeografía e Historia da USC.
A conferencia do historiador e profesor universitario español Nicolás Sánchez Albornoz y Aboín abrirá o acto.
Participarán:
- Lourenzo Fernández Prieto, Director do Proxecto Interuniversitario "Nomes e Voces"
- Pilar Cagiao Vila, Profesora titular do Departamento de Historia Contemporánea e de América da USC
- Xusto Beramendi González, Catedrático de Historia Contemporánea da USC
- Juan Casares Long, Rector da USC
Axuntamos o programa das xornadas.
Attachments:
Programa do Coloquio[ ]996 Kb