Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Resolución do II Certame Escolar de Creación Dramática.

Reunidos os membros do xurado integrado por Miguel Anxo Mouriño Fernández, escritor e membro do IEM, Fátima Granxa Paz, en representación dos grupos da sección de teatro do Instituto de Estudos Miñoráns e Luís Carballo Moure, membro do IEM, que actuou como secretario, acordaron por unanimidade a concesión do premio do II Certame Escolar de Creación Dramática, que convoca o IEM en colaboración co concello de Gondomar ao CEIP Souto Donas (Gondomar) pola obra Día de pesadelo.

A obra foi escrita polas alumnas Carolina Figueroa Granxa, Erea Estévez Vilar e Zayra Costasde 6° curso de E.P.

O xurado, tamén acordou conceder accésit as seguintes obras:

Vaia tres na arribada! CEIP De Mallón

A casa embruxada. CEP Sabarís

Unha historia de piratas. C.E.I.P. Serra- Vincios

O premio consta de tres partes: un lote de libros, a publicación da obra na web do IEM e a súa representación polo grupo de teatro "A Moura" de Chaín, no colexio de Souto-Donas.

Ademais, o xurado decide entregar a cada participante un diploma acreditativo de participación no certame escolar de creación dramática.

Gondomar a 30 de marzo de 2019.

Está en:  Inicio Conferencias e obradoiros Artigos Audio completo da mesa redonda "Pola protección da serra do Galiñeiro".
Skip to content
Audio completo da mesa redonda "Pola protección da serra do Galiñeiro". PDF Imprimir Correo-e

Ciclos conferencias e obradoiros - Artigos
Mércores, 29 Decembro 2010 20:59
Mesa-pola-Serra-do-Galieiro
Download this file (A Serra do Galiñeiro.pdf)
Download this file (MANIFESTO.pdf)
Download this file (O Galiñeiro.pdf)
  • Anterior
  • 1 of 5
  • Seguinte

 

Deixamos o audio completo da mesa redonda "Pola protección da serra do Galiñeiro" que tivo lugar onte na Aula de Cultura Ponte de Rosas. Na mesma o biólogo e consultor ambiental Francisco J. Benítez Gómez, o catedrático de ecoloxía evolutiva Adolfo Cordero Rivera e o director do Parque Natural do Monte Aloia Gonzalo Puerto Arribas informaron sobre a situación das áreas protexidas en Galicia, as posibles figuras e estratexias de protección da serra do Galiñeiro e situación actual do proxecto do parque eólico que afecta a devandita zona.

 


Achegamos tamén unha escolma de imaxes e prensa sobre a xuntanza e o xurdimento do movemento en defensa da serra do Galiñeiro.

Embed Embed this video on your site

Faro de Vigo.

Xornal de Galicia.com

La Voz de Galicia

Valminor.info

 

28.12.10 Mesa redonda O GALIÑEIRO
Attachments:
A Serra do Galiñeiro Folleto[ ]29 Kb
Manifiesto[ ]59 Kb
Informe Serra do Galiñeiro[ ]103 Kb