Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Convocatoria Asemblea Xeral Socios/as. Luns 25 de marzo.

Por medio da presente, convócase aos socios/as á Asemblea Xeral de Socios/as da asociación Instituto de Estudos Miñoráns con CIF: G-36867471 que se celebrará no lugar, data e hora abaixo indicados, segundo a orde do día que se especifica.

TIPO DE REUNIÓN: ASEMBLEA XERAL

DATA DA REUNIÓN: Luns 25 de marzo de 2019

HORA DA SESIÓN, 1ª convocatoria: 19:30 HORAS

HORA DA SESIÓN, 2ª convocatoria: 20:00 HORAS

LUGAR: Aula de Cultura Ponte de Rosas, sede do IEM, Avda. da Feira, 10 Baixo 36380 Gondomar.

ORDE DO DÍA:

1. Lectura e aprobación, se procede, da acta da reunión anterior, correspondente á Asemblea Xeral do 7 de febreiro de 2018.

2. Informe director.

3. Aprobación se procede das Contas anuais 2018 da asociación.

4. Informe actualizado do número de socios/as e altas no ano 2018.

5. Informe actualizado sobre as diferentes convocatorias de axudas solicitadas aos distintos organismos institucionais.

6. Presentación da Memoria de actividades 2018 da asociación.

7. Proxectos para o ano 2019.

8. Rogos e preguntas.

Informámoslles que están a súa disposición, no local do IEM, as actas nomeadas na orde do día para a súa aprobación e as contas do IEM.

Está en:  Inicio Conferencias e obradoiros Artigos V Encontro Arqueolóxico do Barbanza.
Skip to content
V Encontro Arqueolóxico do Barbanza. PDF Imprimir Correo-e

Ciclos conferencias e obradoiros - Artigos
Mércores, 12 Xaneiro 2011 20:10
Poster-V-Encontro-Arqueolxico-do-Barbanza-xeral
Download this file (Díptico V Envontro Arqueolóxico do Barbanza x.pdf)
  • Anterior
  • 1 of 2
  • Seguinte

Xa están abertas as inscripcións para o V Encontro Arqueolóxico do Barbanza que vai ter lugar no Concello de Boiro (A Coruña) entre os días 26 e 27 de febreiro de 2011. O evento reunirá a expertos en arqueoloxía de toda a península. No mesmo participará o noso compañeiro o arqueólogo Xosé Lois Vilar quen expondrá sobre "Intervencións arqueolóxicas no patrimonio. O Instituto de Estudos Miñoranos."

Para matricularse prema aquí

Máis información prema aquí

Achegamos programa para descargar.

Attachments:
Programa[ ]1342 Kb