Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Presentación da revista REM Nº18 (2019)

 

O venres 7 de xuño, ás 20:30H na Biblioteca Pública Municipal de Baiona, presentarase a revista REM nº 18 (2019) do Instituto de Estudos Miñoráns.

O acto contará con colaboración musical e as intervencións de Xulián Maure Rivas, Natalia Jorge Pereira, Xilberte Manso de la Torre, Soledad García Riveiro e Antonio Soliño Troncoso que farán unha breve presentación das súas colaboracións.

Conduce o acto María Lemos Cerqueira.

Está en:  Inicio Conferencias e obradoiros Artigos Presentación oficial do Coro Tradicional Cantares do Brión.
Skip to content
Presentación oficial do Coro Tradicional Cantares do Brión. PDF Imprimir Correo-e

Ciclos conferencias e obradoiros - Artigos
Luns, 17 Xaneiro 2011 21:02
cartel_def_cantar_brion_p
Invitamos aos soci@s e amig@s do IEM á presentación oficial do Coro Tradicional Cantares do Brión do que forman parte varios membros desta casa. O sábado, 22 de xaneiro, a partir das 8,00 do serán, terá lugar no Centro Cultural de Vincios, no concello de Gondomar, o acto de presentación do coro con apadriñamento a cargo do histórico Coro Cántigas da Terra.
Aos dous anos da súa constitución, e despois de actuar en distintos eventos, como o Festival Folc Sons da Lameira, en Matamá, na celabración dos 10 Anos do IEM, ou na Homenaxe ao Gaiteiro, recentemente celebrada no teatro do Centro Cultural Novacaixagalicia, en Vigo, Cantares do Brión, unha formación de 60 membros, preséntase oficialmente no lugar onde naceu e onde ten a súa sede social: na parroquia miñorana de Vincios, en Gondomar, no seu Centro Cultural.
Nesta actividade, á que están invitadas as máis altas autoridades da cultura, académicas e políticas, como o público en xeral, con entrada libre, os coros citados: Cántigas da Terra e Cantares do Brión interpretarán pezas do repertorio popular e tradicional de Galicia.
Dentro da actuación de Cantares do Brión, vai ser gravada en directo unha peza que o grupo Zurrumalla incluirá nun disco de próxima aparición.