Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Homenaxe a Carlos Casares no auditorio municipal Lois Tobío de Gondomar o 17 de maio ás 19:30h.

Cartel divulgativo do evento da autoría de Fino Lorenzo.

O vindeiro 17 de maio, Día das Letras Galegas, o Instituto de Estudos Miñoráns e o concello de Gondomar, a través da concellería de Cultura, homenaxearán a Carlos Casares, miñorán de adopción, cun acto amenizado polo grupo musical, nesta ocasión en formato trío, 2naFronteira (cuxo amplo repertorio incluirá algún poema do escritor celebrado) e dirixido por Marta Dacosta, que irá dando paso a outras actividades, entre as que sobresae a lectura pública de textos do autor homenaxeado. Cómpre tamén salientar a proxección do vídeo Do Vilariño ao Carlos Casares, elaborado polo alumnado e o profesorado do CEIP Carlos Casares, de Vilariño (Nigrán).
O acto comezará ás 19:30h no auditorio municipal Lois Tobío, de Gondomar.

Está en:  Inicio Conferencias e obradoiros Artigos A figura do repubicano Marcelino Gómez Arias no coloquio do historiador Perfecto Ramos.
Skip to content
A figura do repubicano Marcelino Gómez Arias no coloquio do historiador Perfecto Ramos. PDF Imprimir Correo-e

Ciclos conferencias e obradoiros - Artigos
Martes, 22 Febreiro 2011 20:55
perfecto_meixome

A conferencia do historiador Perfecto Ramos Rodríguez permitiu amosar a figura de Marcelino Gómez Arias (1880-1924), xornalista e loitador republicano, cuxa andaina deixou a súa pegada na América do Sur, Portugal e Galicia. Marcelino Gómez emigrou a Bos Aires sendo moi novo onde toma contacto con sectores nacionalistas e revolucionarios das novas repúblicas de Uruguai e Arxentina. Logo da experiencia revolucionaria de 1904 en Uruguai participa na revolta republicana de Galicia en 1905 e na revolución republicana portuguesa de 1910. Cronista de guerra, xornalista de dous continentes, Marcelino Gómez morreu en Crecente en 1924. Achegamos o coloquio completo do historiador Perefecto Ramos Rodríguez , que nos permitirá descubrir a este ata hoxe anónimo precursor do republicanismo.
Embed Embed this video on your site