Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

XEIRAS IEM 2018- NIGRÁN- Ao son das campás de Parada. II Certame de Campás e Campaneiros. Martes 17 de xullo ás 18:30h.

O vindeiro martes 17 de xullo ás 18:30h terá lugar a cuarta xeira de verán polo concello de Nigrán (Parada) Ao son das campás de Parada. II Certame de Campás e Campaneiros, dentro do programa das xeiras de verán 2018 do IEM, e coa colaboración deste concello, que será guiada por Anxo Rodríguez Lemos.

O punto de encontro será na Igrexa de Santiago de Parada de Miñor:

HABERÁ DOUS INTÉRPRETES EN LINGUA DE SIGNOS PARA XORDOS.

Rosalía de Castro choraba co seu maxín, plasmado na súa obra Cantares Gallegos, as nostálxicas campás de Bastavales que atronaban co seu tocar o ceo do Val da Maía. Eran as campás un dos elementos sonoros que cada un levaba consigo no seu pensar xunto ás cantigas e pezas musicais aprendidas dende a nenez, rexedoras dun mundo daquela sen a sofisticada tecnoloxía actual pero ben regulado por un tocar encargado de marcar as horas de traballo, anunciar nacementos, casamentos, mortes, festas ou quizáis afastar as temerosas treboadas da comunidade. Modernas maquinarias a base de mazos electrónicos substitúen, aos poucos nas nosas parroquiais, ás mans daquelas persoas encargadas de facer falar as campás. Seguindo ás xornadas iniciadas no ano 2007 pola Asociación Cultural Os Chichisos de Pontevedra, o Instituto de Estudos Miñoráns iniciou en 2015 un certame na vila de Baiona chamado a continuar polas igrexas do Val de Miñor co fin de recoller, da man dos seus campaneiros, aqueles toques antigos en vías de desaparecer para sempre. Este ano serán dúas as campás, do século XIX e XX, as que, dende a igrexa parroquial de Santiago de Parada de Miñor, serán tocadas por Esther Nande Figueroa, sancristana e campaneira do lugar do Sobreiro, a partir das 18:30 na cuarta xeira do IEM.

Está en:  Inicio Conferencias e obradoiros Artigos A serie fotográfica "Petróglifos" do equipo de Xeiras do IEM abre o II Encontro de Fotografía de Gondomar.
Skip to content
A serie fotográfica "Petróglifos" do equipo de Xeiras do IEM abre o II Encontro de Fotografía de Gondomar. PDF Imprimir Correo-e

Ciclos conferencias e obradoiros - Artigos
Xoves, 30 Xuño 2011 23:12
09-Touron-b

"Petroglifos" a serie de fotografías do equipo das Xeiras do IEM abrirá mañá o II Encontro de Fotografía Dixital Domingo Pío Quintas Núñez. As mesmas serán proxectadas sobre o edificio da Praza de Abastos de Gondomar baixo o pseudónimo "Xaxara", a partir das 22 horas e no sistema bucle-musicalizado, ata a media noite.
O evento, organizado pola Concellería de Cultura de Gondomar e apoiado polo Instituto de Estudos Miñoranos, proseguirá coas proxeccións dos autores "Tito" no parque da Colleira, "Afogra" na praza do Centro de Saúde, e Xacobe Casa no parque das Ánimas, todos ás 22 horas e ata a media noite no mesmo sistema bucle-musicalizado.