Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Resolución do II Certame Escolar de Creación Dramática.

Reunidos os membros do xurado integrado por Miguel Anxo Mouriño Fernández, escritor e membro do IEM, Fátima Granxa Paz, en representación dos grupos da sección de teatro do Instituto de Estudos Miñoráns e Luís Carballo Moure, membro do IEM, que actuou como secretario, acordaron por unanimidade a concesión do premio do II Certame Escolar de Creación Dramática, que convoca o IEM en colaboración co concello de Gondomar ao CEIP Souto Donas (Gondomar) pola obra Día de pesadelo.

A obra foi escrita polas alumnas Carolina Figueroa Granxa, Erea Estévez Vilar e Zayra Costasde 6° curso de E.P.

O xurado, tamén acordou conceder accésit as seguintes obras:

Vaia tres na arribada! CEIP De Mallón

A casa embruxada. CEP Sabarís

Unha historia de piratas. C.E.I.P. Serra- Vincios

O premio consta de tres partes: un lote de libros, a publicación da obra na web do IEM e a súa representación polo grupo de teatro "A Moura" de Chaín, no colexio de Souto-Donas.

Ademais, o xurado decide entregar a cada participante un diploma acreditativo de participación no certame escolar de creación dramática.

Gondomar a 30 de marzo de 2019.

Está en:  Inicio Conferencias e obradoiros Artigos Primeira actividade con motivo do Centenario de Cunqueiro
Skip to content
Primeira actividade con motivo do Centenario de Cunqueiro PDF Imprimir Correo-e

Ciclos conferencias e obradoiros - Artigos
Escrito por IEM   
Martes, 13 Setembro 2011 21:42
cunqueiro-iem

O Instituto de Estudos Miñoranos (IEM) en colaboración coa Vicerreitoría de Extensión Cultual da Universidade de Vigo e o Concello de Gondomar organizan unha serie de actividades en conmemoración do Centenario do nacemento de Álvaro Cunqueiro.  A primeira delas terá lugar o venres 16 de setembro no Auditorio Municipal Lois Tobío de Gondomar, ás 20:30h. e contará coa presenza de importantes figuras da poesía e da música, así como da representación dunha obra teatral.


Programa
• Recital poético de textos de Álvaro Cunqueiro a cargo da poeta Marta Dacosta e da escritora e especialista na obra de Cunqueiro Rexina Vega, ambas veciñas de Gondomar.
• Un concerto musical baseado en textos de Cunqueiro a cargo do músico e especialista en Cunqueiro, César Morán (guitarra acústica e piano) que estará acompañado polo contrabaixo de Alfonso Morán.
• Representación do prólogo do Incerto señor don Hamlet a cargo do grupo baionés "Non si? Teatro" que dirixe Mónica Sueiro.
Estas actividades son a achega que dende o Val Miñor se fai ás celebracións do Centenario de Cunqueiro impulsadas por distintas institucións culturais e educativas e terá continuidade o venres 23 de setembro coa presentación dun vido sobre Álvaro Cunqueiro dirixido polo profesor da U. Vigo Manuel Forcadela.