Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Convocatoria Asemblea Xeral Socios/as. Luns 25 de marzo.

Por medio da presente, convócase aos socios/as á Asemblea Xeral de Socios/as da asociación Instituto de Estudos Miñoráns con CIF: G-36867471 que se celebrará no lugar, data e hora abaixo indicados, segundo a orde do día que se especifica.

TIPO DE REUNIÓN: ASEMBLEA XERAL

DATA DA REUNIÓN: Luns 25 de marzo de 2019

HORA DA SESIÓN, 1ª convocatoria: 19:30 HORAS

HORA DA SESIÓN, 2ª convocatoria: 20:00 HORAS

LUGAR: Aula de Cultura Ponte de Rosas, sede do IEM, Avda. da Feira, 10 Baixo 36380 Gondomar.

ORDE DO DÍA:

1. Lectura e aprobación, se procede, da acta da reunión anterior, correspondente á Asemblea Xeral do 7 de febreiro de 2018.

2. Informe director.

3. Aprobación se procede das Contas anuais 2018 da asociación.

4. Informe actualizado do número de socios/as e altas no ano 2018.

5. Informe actualizado sobre as diferentes convocatorias de axudas solicitadas aos distintos organismos institucionais.

6. Presentación da Memoria de actividades 2018 da asociación.

7. Proxectos para o ano 2019.

8. Rogos e preguntas.

Informámoslles que están a súa disposición, no local do IEM, as actas nomeadas na orde do día para a súa aprobación e as contas do IEM.

Está en:  Inicio Conferencias e obradoiros Artigos O ronsel de Álvaro Cunqueiro ficou no Val Miñor.
Skip to content
O ronsel de Álvaro Cunqueiro ficou no Val Miñor. PDF Imprimir Correo-e

Ciclos conferencias e obradoiros - Artigos
Domingo, 25 Setembro 2011 23:23
cunqueiroedit

“Este vai ser un ano clave na recepción da obra de Álvaro Cunqueiro”, salientou Manuel  “Forcadela” Fernández Álvarez, durante a presentación dun documental da Universidade de Vigo que percorre a vida e obra do escritor de Mondoñedo.  A peza foi exhibida na Aula de Cultura Ponte de Rosas que contou coa presenza de numerosos veciños do Val Miñor, alumnos da U. de Vigo e concelleiros da bisbarra. Pola súa banda, Fernando Guitián, alcalde de Gondomar, destacou que estas homenaxes que se están a realizar no seu centenario teñen que servir para redescubrir a Cunqueiro, para relelo ou para coñecelo por aqueles que aínda non se achegaron a súa obra.

Forcadela (poeta, narrador e profesor da Facultade de Filoloxía da U. de Vigo)destacou a importancia deste centenario para a reedición das obras de Álvaro Cunqueiro, así como pola edición dalgúns escritos inéditos que se están a facer. Neste senso, informou da presentación nos próximos días da obra Soma de craridades, un texto poético dedicado a Luis Seoane, que o autor definiu como “poemas provisionaes”, para un álbum de debuxos do propio Seoane do ano 1932. Nunha breve intervención, Forcadela opinou que da obra de Cunqueiro fixéronse  diferentes lecturas, dende o eido antropolóxico ou etnográfico; dende a heterodoxia dos métodos narrativos, ou dende unha clave política.

O documental , feito por un grupo de intervención audiovisual – literario da Facultade de Filoloxía, foi presentado por primeira vez nunha versión dunha hora (aínda sen editar definitivamente), continuación dun breve traballo audiovisual  presentado en marzo deste ano con motivo do inicio do centenario. A profesora Rexina Vega, Xosé Luís Méndez Ferrín (presidente da RAG), os poetas Anxo Angueira e Xosé María Álvarez Cáccamo, entre outros, narran, comentan e percorren a vida e obra de Cunqueiro, reflexionando sobre as súas ricas achegas ao patrimonio cultural non só de Galicia se non da literatura universal. Achegas que levaron a definilo como “O chamán de Occidente” por parte de Forcadela. O documental “persigue  esta sombra, pola súa vida e obra… unha pantasma que por fortuna non se pode alcanzar”, afirmou o profesor. Áinda que matizou que  o ronsel que emana destas  pescudas no traballo de Cunqueiro, permítenos albiscar o xenio do autor.

Con este acto, celebrado o pasado venres 23 de setembro, o Instituto de Estudos Miñoranos pecha unha serie de actividades cos que homenaxeou a obra de Álvaro Cunqueiro. O seu director, Carlos Méixome agradeceu aos convidados ás distintas colaboracións así como aos veciños e veciñas que se achegaron aos eventos.