Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

IV Mostra de teatro afeccionado do Val Miñor e Oia. Dende o 12 de xaneiro ata o 2 de febreiro.

 

A partir do vindeiro sábado 12 de xaneiro o Auditorio Municipal Lois Tobío de Gondomar acollerá a IV Mostra de teatro afeccionado do Val Miñor e Oia.
Organizado polo Instituto de Estudos Miñoráns co apoio do Concello de Gondomar fomentarán e potenciarán a creatividade teatral e a representación neste mes de xaneiro que abre as portas a un ano de celebración dos 20 anos do IEM.
A programación constará dun total de oito pezas teatrais interpretadas por Vichelocrego, Tranghallada teatro, Bertorella, Pritis- Guomins, A Moura, Os cabalos rosas brincan no patín, O mellor de cada casa e Arredemo.
A entrada será gratuíta e para todos os públicos.

Programación

Sábado 12 de xaneiro- 19.30h
Jansel e Ponsel, representada por Tranghallada teatro de Nigrán.

Domingo 13 de xaneiro- 18.00h
Mamasiña que medo!, representada por Bertorella de Morgadáns.

Sábado 19 de xaneiro- 19.30h

Cóncavo-convexo, representada por Vichelocrego de Gondomar.

Domingo 20 de xaneiro- 18.00h

Rosa rosae, representada por Pritis- Guomins de Aula teatro Gondomar.

Sábado 26 de xaneiro- 19.30h
A revirada, representada por A Moura de Chaín.

Domingo 27 de xaneiro- 18.00h

Cousas da vida, representada por O mellor de cada casa de Viladesuso.

Sábado 2 de febreiro- 19.30h

O restaurante Farruco representada por Os cabalos rosas brincan no patín de Viladesuso.
Maruxas 3.0, representada por Arredemo de Gondomar.
Está en:  Inicio Conferencias e obradoiros Artigos Galego de lei. Don Diego Sarmiento de Acuña. I Conde de Gondomar
Skip to content
Galego de lei. Don Diego Sarmiento de Acuña. I Conde de Gondomar PDF Imprimir Correo-e

Ciclos conferencias e obradoiros - Artigos
Escrito por IEM   
Luns, 24 Outubro 2011 22:01
Francisco-Fidel-Maseda-Mase

O libro de Francisco Maseda será presentado o próximo xoves ás 20h. no Parador "Conde de Gondomar" de Baiona
Don Diego Sarmiento de Acuña, I Conde de Gondomar, é aínda, infortunadamente, unha figura descoñecida, sendo como é un dos grandes personaxes políticos da Monarquía Católica dos Austrias.

 

A reivindicación dun galego que non renegou da súa orixe e empregou o galego no seu epistolario é o obxecto de estudo desta primeira achega, en galego, á figura de Don Diego Galego de lei que ve a luz na a colección Mandaio de Biblos.

O autor, Francisco Fidel Maseda Maseda, naceu en Lugo en 1978. É premio extraordinario fin de carreira da Comunidade Autónoma de Galicia pola licenciatura en Humanidades e doutor en Humanidades pola Universidade de Santiago na área de Filosofía Moral e Política. Gañador dun dos premios provinciais á investigación 2010 da Deputación de Pontevedra, as súas publicacións áchanse centradas en persoeiros como Lois Tobío e Don Diego Sarmiento de Acuña, e as súas investigacións no pensamento político galego contemporáneo. Realizou a súa tese de doutouramento sobre Lois Tobío.

No acto de presentación intervirán ademais do autor o director do Instituto de Estudos Miñoranos, Carlos Méixome, e o editor, Tucho Calvo