Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

XEIRAS IEM 2018- TOMIÑO- Arquitectura militar histórica. Fortalezas. Xoves 19 de xullo ás 18:30h.

O vindeiro xoves 19 de xullo ás 18:30 h terá lugar a quinta xeira de verán polo concello de Tomiño, Arquitectura militar histórica. Fortalezas. dentro do programa das xeiras de verán 2018 do IEM, e coa colaboración deste concello, que será guiada por Antonio Soliño Troncoso.

HABERÁ DOUS INTÉRPRETES EN LINGUA DE SIGNOS PARA XORDOS.

O punto de encontro será no Pazo-Torre dos Correa. Goián:

https://drive.google.com/open?id=1vF-TpyWSLjdaaPzHo8R-rCtn6cDIYqsn&usp=sharing

 

AS XEIRAS DO IEM. VERÁN 2018

ARQUITECTURA MILITAR HISTÓRICA. FORTALEZAS DE GOIÁN

Guía

ANTONIO SOLIÑO TRONCOSO

O lugar foi considerado estratéxico dende o medievo e consecuentemente controlado por diversos señoríos e as distintas monarquías. En Goián levantouse a Torre dos Correa no século XIV, con xurisdición sobre a desaparecida Vila da Barca, inmediata a ela e ao río ata que se trasladou despois da guerra do XVII para o lugar que agora ocupa a parroquial na parte alta. O nome víñalle da embarcación utilizada para cruzar o río. Tamén en 1321 D. Denis, o rei poeta, concede foro a Vila Nova de Cerveira e fortifícaa. Tempo máis tarde, no XVII, durante a Guerra de Restauración, o exército portugués constrúe un complexo sistema militar, que recolle as innovacións incorporadas no trazado e fundación de fortalezas para contrarrestar os avances da balística, con base en Vila Nova e cabeza en Goián, unidas por unha ponte de barcas, ata que asinada a Paz de Lisboa, en 1668, a coroa española ordena levantar unha fortaleza pétrea de catro baluartes, a actual de San Lourenzo, como contrapunto ás edificacións militares do lado portugués presididas polo antigo castelo gótico.

Ao longo da xeira teremos ocasión de ver e comentar o Pazo-Torre dos Correa, o Castelo da Nosa Señora da Concepción, a Fortaleza de San Lourenzo, o Castelo medieval de Vila Nova de Cerveira, o antigo embarcadoiro da Vila da Barca no Miño e o inicio do Camiño da Nosa Señora do Norte en territorio galego. Tamén falaremos da Atalaia do Espírito Santo, do Forte de Lobelhe, do Facho, do Forte das Chagas e do Castelo de Medos intentando contextualizalos no seu tempo. Farémolo durante as tres horas que nos levará percorrer os 3,4 Km. dunha xeira circular de baixa dificultade. O punto de encontro é o Pazo-Torre dos Correa. Todo o traxecto será acompañado de intérprete de lingua de signos.

 

 

Está en:  Inicio Conferencias e obradoiros Artigos O enxeñeiro Xesús Fernández presentou o sistema de xestión Lean Manufacturing no IEM.
Skip to content
O enxeñeiro Xesús Fernández presentou o sistema de xestión Lean Manufacturing no IEM. PDF Imprimir Correo-e

Ciclos conferencias e obradoiros - Artigos
Escrito por IEM   
Venres, 11 Novembro 2011 00:05
IMG_0277
IMG_0276
  • Anterior
  • 1 of 2
  • Seguinte

O traballador como principal valor da empresa así como a planificación e solidariedade á hora de sacar adiante os proxectos foron os aspectos que o enxeñeiro Xesús Fernández (IEM), salientou durante a presentación do Lean Manufacturing, unha ferramenta na mellora da xestión empresarial.  O faladoiro tivo lugar este xoves 10 na Aula de Cultura Ponte de Rosas, no marco de temas relativos á economía e o traballo desenvolvidos polo IEM neste mes de novembro, que comezara coa TERTULIA do tamén enxeñeiro e economista Ramón Yáñez Brage.

O acto comezou cunha breve introdución do director do IEM, Carlos Méixome, quen destacou a novidade que para a institución ten o eido das temáticas empresarias. Tamén salientou a satisfacción de que un membro do IEM como Xesús Fernández, abrira esta vertente dentro da diversidade de materias que atende o instituto. De seguido, o alcalde de Gondomar Fernando Guitián, presentou a traxectoria do conferenciante, con quen comparte a profesión.

A charla foi seguida atentamente por un nutrido auditorio onde atopábanse ademais de colegas do expositor, empresarios,  concelleiros do Val Miñor e veciños da bisbarra. En breve compartiremos o vídeo da conferencia.