Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Faladoiros do IEM: «Presenza das mulleres»

O Instituto de Estudos Miñoráns comeza un novo ciclo cos faladoiros do IEM.

Dedicado á muller, «Presenza das mulleres», amosa como fío condutor a importancia e participación desta na sociedade.

PROGRAMA:

VENRES, 17 DE NOVEMBRO

 

Eugenia Trigo Aza. Escritora
- 20:00 h. 'Da motricidade humana ao paradigma vida"
Presenta:
Adela Mirás Calvo
IES Val Miñor de Nigrán

 

MÉRCORES 22 DE NOVEMBRO

 

Adriana Nogueira Gassent. Oceanógrafa
- 20:00 h. ¨A bioloxía pesqueira e as biólogas do mar”
Presenta:
Xosé Ramón García
Xunta de Goberno do IEM

 

MÉRCORES 29 DE NOVEMBRO

 

Chis Oliveira. Doutora en Filosofía
- 20:00 h. ¨Comando da igualdade, a mocidade implicada"
Presenta:
Pilar Vázquez Fouce
Diplomada Universitaria en Enfermería e membro do IEM

 

MÉRCORES 13 DE DECEMBRO

 

Ana Ulla Miguel. Astrofísica
- 20:00 h. ¨A astronomía de hoxe que as astrónomas galegas fan"
Presenta:
María Lemos
Xunta de Goberno do IEM

 

As xornadas desenvolveranse na Aula de Cultura Ponte de Rosas, Avenida da Feira Nº 10 baixo nas datas indicadas e ás 20:00h.

Está en:  Inicio Conferencias e obradoiros Artigos Resumo do faladoiro "Orde e limpeza 5S", dirixida polo Enxeñeiro Industrial Jesús Fernández Alonso.
Skip to content
Resumo do faladoiro "Orde e limpeza 5S", dirixida polo Enxeñeiro Industrial Jesús Fernández Alonso. PDF Imprimir Correo-e

Ciclos conferencias e obradoiros - Artigos
Escrito por IEM   
Martes, 14 Febreiro 2012 01:56
jesusealejo
Download this file (Entrega.pdf)
Download this file (Resumen.pdf)
  • Anterior
  • 1 of 3
  • Seguinte

Achegamos a ficha cun resumo da  conferencia "Orde e limpeza "5S", dirixida polo Enxeñeiro Industrial  Jesús Fernández Alonso, o pasado  xoves 9 de febreiro, na Aula de Cultura Ponte de Rosas. Este foi o segundo faladoiro que Jesús Fernández dirixiu no IEM, co obxecto de divulgar as ferramentas de xestión empresarial do método LEAN MANUFACTURING. A charla contou coa participación de Miguel Ángel Alejos Castro, Vicepresidente da Asociación de Empresarios do Val Miñor.

Orde e Limpeza “5S” é unha das ferramentas mais básicas e fundamentais do  LEAN MANUFACTURING. Consta de 5 etapas que en xaponés empezan pola letra “S”. Iniciouse en TOYOTA nos anos 60 co obxectivo de lograr lugares de traballo mellor organizados, mais ordenados e limpos para obter unha maior produtividade e un mellor entorno laboral. As 5S teñen unha ampla difusión e son numerosas as organizacións de diversa índole que o implantaron. É aplicable a empresas industriais, de servizos, hospitais, centros de ensino, asociacións, …

Jesús Fernández Alonso, natural e veciño de Gondomar,  é Enxeñeiro Industrial e realizou a especialidade en organización industrial. É tamén Técnico Superior en Riscos Laborais, especialidade de Seguridade no traballo, Hixiene Industrial, Ergonomía e Psicosocioloxía Aplicada. Realizou tamén cursos  de  Loxística e é especialista en Lean Manufacturing, tema sobre o que hai uns meses pronunciou unha conferencia

Realizou traballos para diversas empresas da área de Vigo e do Miñor e dende 2005 e responsable de produción e calidade de Figueiró Forjados (Nigrán). Ten publicado artigos na revista do Colexio de Enxeñeiros.

 

Attachments:
Conferencia completa[ ]1081 Kb
Resumo Orde e limpeza 5S[ ]4 Kb