Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

PRESENTACIÓN EN PONTEVEDRA D’A RELIXIÓN DO MAR o venres día 26 ás 20:00 horas.

PRESENTACIÓN EN PONTEVEDRA D'A RELIXIÓN DO MAR

O Ateneo de Pontevedra organiza a presentación, na libraría Paz desta cidade, do poemario A relixión do mar, de Xosé Iglesias Lamela, que obtivo en 2016 o IX Premio de Poesía Victoriano Taibo convocado polo concello de Gondomar e xestionado polo Instituto de Estudos Miñoráns.

O autor, mariñeiro en activo, rende neste libro unha homenaxe ao mar en todas as facetas con el relacionadas e faino coa forza, a autenticidade e a creatividade de quen ama profundamente o que fai e o que di; talvez por iso o poemario tivo unha traxectoria tan afortunada con abundancia de críticas favorables e presentacións en moitos lugares de Galicia. Agora tócalle recibilo a Pontevedra da man do tamén poeta (e máis cousas: profesor, etnógrafo, activista cultural) Calros Solla, gañador en 2011 do IV Premio de Poesía Victoriano Taibo coa obra Holocausto zacoe, que compite con esta en forza, creatividade e orixinalidade, aínda que nun rexistro totalmente distinto.

O acto terá lugar o venres día 26 ás 20:00 horas na Libraría Paz, situada en rúa Peregrina nº 29 de Pontevedra.

Está en:  Inicio Conferencias e obradoiros Artigos Xornada de estudo e reflexión sobre a enerxía eólica convocada pola Plataforma en Defensa do Galiñeiro.
Skip to content
Xornada de estudo e reflexión sobre a enerxía eólica convocada pola Plataforma en Defensa do Galiñeiro. PDF Imprimir Correo-e

Ciclos conferencias e obradoiros - Artigos
Escrito por IEM   
Mércores, 22 Febreiro 2012 00:19
Mesa-redonda-galineiro-iem

A Plataforma pola Defensa da Serra do Galiñeiro convoca para este sábado 25 de febreiro a unha XORNADA DE ESTUDO E REFLEXIÓN SOBRE A ENERXÍA EÓLICA. O encontro terá lugar no Auditorio Municipal do Areal (Antigo Reitorado), na Rúa Areal nº 46, en Vigo. De 17 a 20 horas desenvolveranse unha serie de palestras para dende as 20 ás 21 horas pasar a unha mesa redonda coa participación dos asistentes.
No evento unha serie de expertos disertaran sobre os beneficios económicos da enerxía eólica, a avaliación do impacto ambiental desta enerxía e a implantación da enerxía eólica en Galicia. Farase unha comparativa co caso da Comunidade Valenciana para posteriormente e xa en mesa redonda confrontar a explotación eólica por empresas multinacionais coa explotación da enerxía eólica como enerxía alternativa fronte aos combustibles actuais non renovables.
RELATORES:
-Charla: EMILIO MENÉNDEZ. Universidade Autónoma e Politécnica de Madrid. – ENERXÍA EÖLICA EAVALIACIÓN DE IMPACTO AMBIENTAL.
-Charla: DAMIÁN COPENA. Grupo de Investigación en Economía Ecolóxica e Agroecoloxía (GIEEA) da Universidade de Vigo - A ECONOMÍA DA ENERXÍA EÓLICA E SOBRE A GUÍA PARA PROPIETARIOS DE TERREOS AFECTADOS POR PARQUES EÓLICOS.
-Charla: XOSÉ VEIRAS. Verdegaia - A IMPLANTACIÓN DA ENERXÍA EÓLICA EN GALICIA.
-Charla: MARIANO TOMÁS. Activista do movemento "Contra parques eólicos de Valencia" – A LOITA VALENCIANA CONTRA PROXECTOS DE ENERXÍA EÓLICA.
-Charla: IVÁN NOVOA. Técnico instalador de enerxías renovables –EÓLICOS DE PEQUENA POTENCIA E USOS COMPLEMENTARIOS DOS RECURSOS ENERXÉTICOS.
-Charla: PAULA VIDAL. Amigos da Terra - A EXPERIENCIA DO CENTRO DE EDUCACIÓN AMBIENTAL "AS CORCERIZAS".