Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

PROXECTO EQUUS CONFIRMANDO O NOVO PARADIGMA. A ARTE DESPOIS DOS LUMES.

PROXECTO EQUUS
CONFIRMANDO O NOVO PARADIGMA.

A ARTE DESPOIS DOS LUMES.

Hoxe, venres 29 de decembro, nunha roda de prensa no salón de actos do Centro de Interpretación do Patrimonio de Taboexa (As Neves) presentouse ao público a que, sen dúbida, é a mellor superficie de arte rupestre descuberta en Galicia nas últimas dúas décadas.

Estiveron presentes na mesa Xosé Manuel Rodríguez, alcalde de As Neves; Cándido Verde, Xosé Álvarez "O Buraco" e Xilberte Manso, descubridores do petróglifo, Xosé Lois Vilar, Eloy Martínez e Manolo Ledo, da sección de arqueoloxía do IEM, acompañados polo presidente da Comunidade de Montes de Taboexa.

Os participantes apoiaron as súas intervencións na proxección de fotografías e renderizados de modelos 3D resaltando as principais características e singularidades do conxunto de petróglifos descuberto.

Ó remate da roda de prensa desprazáronse á zona do descubrimento para completar as súas explicacións.

Desde o Instituto de Estudos Miñoráns continuaremos cos traballos que nos leven a completar o estudo deste extraordinario conxunto de gravados rupestres considerado xa un dos mellores de Galicia polo seu tamaño, pola súa tipoloxía e pola cantidade e variedade de figuras representadas.

Está en:  Inicio Conferencias e obradoiros Artigos Comeza o ciclo "As mulleres na historia" coa proxección de "Prohibido recordar - Cárcere de Saturrarán (1937-1944)"
Skip to content
Comeza o ciclo "As mulleres na historia" coa proxección de "Prohibido recordar - Cárcere de Saturrarán (1937-1944)" PDF Imprimir Correo-e

Ciclos conferencias e obradoiros - Artigos
Escrito por IEM   
Luns, 27 Febreiro 2012 22:24
prohibido-recordar

Coa proxección do documental Prohibido recordar - Cárcere de Saturrarán (1937 - 1944), dos directores Txaber Larreategi e Josu Martínez, dará comezo o ciclo "As mullres na historia", que se desenvolverá durante todo o mes de marzo. Esta primeira actividade terá lugar este xoves 1 de marzo, ás 20.00 horas, na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avda. da Feira Nº 10, baixo, Gondomar).
Para a proxección contarase coa presenza de Txaber Larreategi (co director do filme), e de Gabriel Reigosa Centelles (bisneto da presa Urania Mella). Os convidados serán presentados por Tereixa Otero da Costa.
Sinopse: Un antigo balneario de luxo, convertido en seminario e finalmente en cárcere, situada na praia de Saturrarán (Mutriku-Biscaia), albergou unha das maiores e máis crueis cárceres do Réxime Franquista. Por decreto do xeneral Franco, Saturrarán converteuse en prisión de mulleres clasificadas de "extremadamente rebeldes e perigosas". Dous mil mulleres de idades comprendidas entre os 16 e os 80 anos e provenientes de todos os lugares de España, estiveron encerradas entre 1937 e 1944.
Ficha Técnica
Produtora: moztu filmak, Tentazioa y REC
Formato: Betacam Digital
Duración: 52'
Xénero: Documental
Director: Txaber Larreategi e Josu Martínez
Ano: 2010
Dim lights Embed Embed this video on your site