Remata o ciclo "Mulleres na Historia" coa presentación de catro volumes sobre a "Historia das Mulleres en Galicia". Imprimir

Ciclos conferencias e obradoiros - Artigos
Escrito por IEM   
Luns, 19 Marzo 2012 22:33
Diapositiva1

O ciclo "Mulleres na Historia" organizado polo Instituto de Estudos Miñoranos e a Asociación de Mulleres do Val Miñor "Area Loura" remata este mércores 21 de marzo coa presentación dos catro volumes de Historia das Mulleres en Galicia. O acto comezará ás 20:00h. na Aula de Cultura "Ponte de Rosas" (Avda. da Feira, 10, baixo, Gondomar)

No mesmo participaran a catedrática de Historia Moderna da USC, Ofelia Rey Castelao, quen estivo con nós na Tertulia do IEM do pasado mes de abril, coautora, xunto con Serrana Rial García, do volume dedicado á Idade Moderna, e a profesora de Historia Antiga da mesma Universidade María del Mar Llinares García, autora do volume dedicado á Prehistoria e Historia Antiga. As nosas convidadas serán presentadas pola Secretaria do Instituto de estudos Miñoranos, Milagres Chapela Iglesias

Os outros volumes publicados pola editorial NigraTrea son os referidos á Idade Media da que é autora a profesora Carmen Pallares Méndez e o referido á Idade Contemporánea escrito por Herminia Pernas Oroza.