Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size
Está en:  Inicio Conferencias e obradoiros Artigos Estrea de CREBINSKY en Gondomar e faladoiro con Enrique Otero.
Skip to content
Estrea de CREBINSKY en Gondomar e faladoiro con Enrique Otero. PDF Imprimir Correo-e

Ciclos conferencias e obradoiros - Artigos
Escrito por IEM   
Martes, 17 Abril 2012 12:45
crebinsky

CREBINSKY, o filme de Enrique Otero deixounos unha sensación esperanzadora: a crise económica non finou ao bo cine. Próximo a duascentas persoas tiveron o privilexio de comprobarllo na estrea da película en Gondomar o pasado sábado 14 de abril no Auditorio Municipal Lois Tobío. Por riba, gozaron dun faladoiro posterior co director da obra, onde ademais de decatarse dunha infinidade de anécdotas da produción e do rodaxe, informáronse de primeira man da realidade pola que atravesan os creadores da "sétimo arte" no país.
Dim lights Embed Embed this video on your site
O acto, organizado polo IEM coa colaboración do Concello de Gondomar, a través da Concellaría de Cultura, comezou cunha breve presentación da película e do seu director por parte do mestre Miguel Anxo Mouriño.
Dim lights Embed Embed this video on your site
Logo da exhibición, Enrique Otero convidou aos asistentes a dar a súa opinión e expresar as impresión que a película lles provocara. O faladoiro rematou nun diálogo enriquecedor que provocou que o director do filme agradecera aos organizadores por la iniciativa e a oportunidade deste encontro cara a cara co público.
Dim lights Embed Embed this video on your site