Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Resolución do II Certame Escolar de Creación Dramática.

Reunidos os membros do xurado integrado por Miguel Anxo Mouriño Fernández, escritor e membro do IEM, Fátima Granxa Paz, en representación dos grupos da sección de teatro do Instituto de Estudos Miñoráns e Luís Carballo Moure, membro do IEM, que actuou como secretario, acordaron por unanimidade a concesión do premio do II Certame Escolar de Creación Dramática, que convoca o IEM en colaboración co concello de Gondomar ao CEIP Souto Donas (Gondomar) pola obra Día de pesadelo.

A obra foi escrita polas alumnas Carolina Figueroa Granxa, Erea Estévez Vilar e Zayra Costasde 6° curso de E.P.

O xurado, tamén acordou conceder accésit as seguintes obras:

Vaia tres na arribada! CEIP De Mallón

A casa embruxada. CEP Sabarís

Unha historia de piratas. C.E.I.P. Serra- Vincios

O premio consta de tres partes: un lote de libros, a publicación da obra na web do IEM e a súa representación polo grupo de teatro "A Moura" de Chaín, no colexio de Souto-Donas.

Ademais, o xurado decide entregar a cada participante un diploma acreditativo de participación no certame escolar de creación dramática.

Gondomar a 30 de marzo de 2019.

Está en:  Inicio Conferencias e obradoiros Artigos Paneis das Xornadas sobre a Emigración Inmigración do Concello de Nigrán.
Skip to content
Paneis das Xornadas sobre a Emigración Inmigración do Concello de Nigrán. PDF Imprimir Correo-e

Ciclos conferencias e obradoiros - Artigos
Xoves, 01 Xullo 2010 22:33
xornadas_sobre_a_emigracion
  • Anterior
  • 1 of 2
  • Seguinte
O Concello de Nigrán realizou as Xornadas sobre a Emigración Inmigración, dende o día 4 ao 19 de xuño pasado, no Pazo de Pías (A Ramallosa).
O IEM participou nas mesmas como institución colaboradora, coa participación de seu director Carlos Méixome e o xornalista Álvaro Peralta.
Durante as xornadas realizáronse coloquios, charlas, obradoiros e proxectáronse películas vinculadas ao tema da emigración, tanto no relacionado cos galegos emigrados a Europa e América, así como cos retornados e os novos veciños: os inmigrantes.
Como corolario destes traballos, deixamos estes paneis realizados cos documentos achegados polos veciños e veciñas do Val de Miñor, que dan conta da memoria deste comunidade, nunha realidade que forma parte da súa identidade.
Xornadas sobre a Emigración Inmigración Concello de Nigrán - IEM