Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

XVIII XEIRA ALÉN MIÑOR A CORUÑA E A MARIÑA CORUÑESA (24-25 de novembro)

As primitivas dimensións da Coruña ocupaban o que hoxe se coñece como Cidade Vella. Era A Coruña intramuros, e tanto o seu trazado como a súa arquitectura explican a historia desta cidade.A Cidade Vella fíxose á medida humana.Pedra, vidro e madeira mesturáronse para dar acubillo a fidalgos como a artesáns ou mariñeiros. A Porta Real foi a primeira entrada á primitiva cidade.

Moito que ver ou recoñecer nesta cidade vella, acompañados por un guía que é un dos referentes da cultura contemporánea do país, Felipe Senén.

A sede oficial da Real Academia (edificio dezaoitesco), noutro tempo propiedade de Pardo Bazán, moi preto da Colexiata de Santa María (principios do sc. XIV) que foi a igrexa dos gremios do mar e do comercio

Na contorna sitúase a Praza de Azcárraga. Está trazada sobre dous planos diferentes. No máis elevado enmárcase a antiga praza da Fariña, en cuxa bonita bóveda se acubilla a fonte do Desexo; no plano inferior está o palacio neoclásico da rexión militar noroeste, que data de 1740 e que acolleu a constitución da Xunta Suprema do Reino de Galicia en 1808, con motivo do alzamento coruñés contra as tropas napoleónicas.

O Convento de Santo Domingo levantouse a finais do século XIII, foi incendiado polos homes de Francis Drake a fins do XVII. A Igrexa data do século XVII e é de estilo barroco galego.

Moitos persoeiros, aventureiros, escritores, filósofos, científicos, ou persoas sen título como María Pita, que se enfrontou a Drake ou lideraron a resistencia ós franceses, viviron ou tiveron relación coa cidade. O Duque de Toscana, Cosme de Medicis, nunha das súas viaxes de coñecemento, o mariño Alejandro Malaspina, militares ou estadistas, como Porlier ou Melchor de Macanaz. Sir John Moore (repousa nos xardíns de San Carlos). Personaxes, espíritos da cidade ou simples cidadáns que inspiraron á Condesa de Pardo Bazán en "A Pedra Angular" ou a obra de Murguía e de Rosalía, os que xogaron co neno Pablo Picasso, que iluminaron o pensamento de Wenceslao Fernández Flórez ou de Salvador de Madariaga.

A cidade vella agocha máis recunchos queridos polos seus veciños, como o A Praza e O Convento das Bárbaras, próximos o Castelo de San Antón (hoxe Museo Arqueolóxico), antiga fortaleza do século XVI que se edificou sobre unha illa para protexer a entrada da ría dos ataques do pirata Drake. Ou o arquivo do Reino De Galicia (1775), que está encargado da recollida, custodia e posta a disposición do público da documentación de ámbito galego e provincial, xerada por diversos organismos de carácter xudicial ou administrativo con sede na provincia da Coruña.

 

Está en:  Inicio Conferencias e obradoiros Artigos Presentación da novela "Dark Butterfly", de Rexina Vega na Aula de Cultura Ponte de Rosas.
Skip to content
Presentación da novela "Dark Butterfly", de Rexina Vega na Aula de Cultura Ponte de Rosas. PDF Imprimir Correo-e

Ciclos conferencias e obradoiros - Artigos
Escrito por IEM   
Luns, 28 Maio 2012 20:16
DSC03241-Custom
dark1
  • Anterior
  • 1 of 2
  • Seguinte

A Aula de Cultura Ponte de Rosas acollerá presentación do libro Dark Butterfly, do que é autora a profesora, escritora e crítica Rexina Vega, membro activo da nosa asociación. O acto terá lugar na sede do IEM, av. da Feira, 10, baixo, o vindeiro xoves 31 de maio ás 20:30 horas.

Esta obra, cun título metafórico que, ademais, reproduce a lingua estraña que a protagonista adopta para tratar de evadirse da realidade ingrata, augur dunha terrible derrota, supón un testemuño excepcional (a causa dunha historia familiar semellante á narrada literariamente), documentado e estremecedor que se apodera do lector e faino participar na amarga loita contra o inferno da esquizofrenia. A introdución do acto correrá a cargo de Carlos Méixome, mentres a presentación propiamente dita correspóndelle á autora apoiada por Begoña Outeiro, Lucía Riveiros,
Paz Raña Lama, Iolanda Zúñiga, Marta da Costa e Rafael Álvarez, xerente
da Asociación Avelaíña do Val  Miñor, formulada como unha intervención artística con breves parlamentos sobre a novela. Proxectarase, tamén, un vídeo feito por Manuel Forcadela na Asociación Velaíña.

A noticia do nacemento da novela apareceu en diferentes medios (por exemplo en El País) e mereceu excelentes críticas, entre as que podedes consultar a de Francisco Martínez Bouza e a de Armando Requeixo.