Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

PRESENTACIÓN EN PONTEVEDRA D’A RELIXIÓN DO MAR o venres día 26 ás 20:00 horas.

PRESENTACIÓN EN PONTEVEDRA D'A RELIXIÓN DO MAR

O Ateneo de Pontevedra organiza a presentación, na libraría Paz desta cidade, do poemario A relixión do mar, de Xosé Iglesias Lamela, que obtivo en 2016 o IX Premio de Poesía Victoriano Taibo convocado polo concello de Gondomar e xestionado polo Instituto de Estudos Miñoráns.

O autor, mariñeiro en activo, rende neste libro unha homenaxe ao mar en todas as facetas con el relacionadas e faino coa forza, a autenticidade e a creatividade de quen ama profundamente o que fai e o que di; talvez por iso o poemario tivo unha traxectoria tan afortunada con abundancia de críticas favorables e presentacións en moitos lugares de Galicia. Agora tócalle recibilo a Pontevedra da man do tamén poeta (e máis cousas: profesor, etnógrafo, activista cultural) Calros Solla, gañador en 2011 do IV Premio de Poesía Victoriano Taibo coa obra Holocausto zacoe, que compite con esta en forza, creatividade e orixinalidade, aínda que nun rexistro totalmente distinto.

O acto terá lugar o venres día 26 ás 20:00 horas na Libraría Paz, situada en rúa Peregrina nº 29 de Pontevedra.

Está en:  Inicio Conferencias e obradoiros Artigos Inscricións para o IX Curso de Verán "Crise vs Creatividade: os desafíos do audiovisual galego".
Skip to content
Inscricións para o IX Curso de Verán "Crise vs Creatividade: os desafíos do audiovisual galego". PDF Imprimir Correo-e

Ciclos conferencias e obradoiros - Artigos
Escrito por IEM   
Martes, 10 Xullo 2012 20:41
cartel-curso

O Instituto de Estudos Miñoranos convida a interesados a inscribirse no IX Curso de Verán de Extensión Universitaria "Crise vs Creatividade: os desafíos do audiovisual galego", a desenvolverse no concello de Celanova, os vindeiros días 18, 19 e 20 de Xullo.  O curso está dirixido a estudantes universitarios e tamén a calquera persoa interesada no mundo do cine. Cun total de 70 prazas, o prazo de inscrición vence o día 18 de xullo e os interesados deben dirixir a súa solicitude ao correo Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo .

Os obxectivos do presente curso son, por unha banda, dar oportunidade aos creadores para presentar e debater co público ao redor da súa obra, e, por outra, contribuír á visibilidade do cine propio nun contexto aínda adverso para a difusión por motivos estritos de mercado. O curso reforza o seu valor co engadido de estar dirixido con preferencia á comunidade universitaria con afán formativo e divulgativo, pero, ao tempo, ao cidadán interesando por coñecer o estado actual do audiovisual producido ou coproducido dende o país, sen renunciar a reclamar a atención mediática necesaria para algo tan elemental como constatar a súa existencia cando as pantallas convencionais lle cerran o seu paso.

Para esta edición optouse por un programa variado que igualmente reflicta a versatilidade do formato longametraxe (ficción, animación, documental), tamén da curtametraxe (animación) e, finalmente, a boa saúde creativa do audiovisual feito en Galicia. Tres xornadas sobre as que reflexionar como o audiovisual galego persegue consolidar a súa potencia creadora e a súa identidade á vez que, nun contexto de crise económica como o actual, ou simplemente por convicción propia, axustar os seus medios de produción para reafirmarse como cine singular e diferente.

Preme aquí para descargar o programa do curso

Datos de interese

DURACIÓN

30 horas

VALIDACIÓN

2 créditos de libre configuración ou 1 crédito ECTS

NÚMERO DE PRAZAS

70

COTA DE INSCRICIÓN

Alumnos da Univ. de Vigo bolseiros do Ministerio de Educación e doutras axudas económicas: 30 €

Alumnos non bolseiros, persoal docente e PAS da Universidade de Vigo: 45 €

Cidadáns censados no Concello de Celanova: 45 €

Amigos da Fundación Carlos Casares (tamén socias e socios do Instituto de Estudos Miñoranos): 45 €

Resto de solicitantes: 60 €

DESPRAZAMENTO GRATUÍTO

Sairá un autobús dende diante do Edificio Politécnico do Campus de Ourense,

ás 8:30 horas os días 18 e 19 de xullo, e ás 09.15 horas o 20 de xullo.

ALOXAMENTO GRATUÍTO

O Concello de Celanova ofrece aloxamento gratuíto aos matriculados no Albergue Municipal.

Os interesados deberán contactar co albergue (988.432.201) e reservar as noites que desexan

(durante a véspera do comezo do curso e ata a noite do 19 de xullo). No momento da primeira ocupación do cuarto deberase acreditar documentalmente a matrícula no curso.

DIRECTOR

Miguel Anxo Fernández

TALLER AUDIOVISUAL

Paulino Pérez Feijóo

DATAS

18, 19 e 20 de xullo de 2012

LUGAR

Auditorio Municipal Ilduara de Celanova (AMIC)

Organizan

Universidade de Vigo e a Vicerreitoría de Ourense

Fundación Carlos Casares

.