Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

IV Mostra de teatro afeccionado do Val Miñor e Oia. Dende o 12 de xaneiro ata o 2 de febreiro.

 

A partir do vindeiro sábado 12 de xaneiro o Auditorio Municipal Lois Tobío de Gondomar acollerá a IV Mostra de teatro afeccionado do Val Miñor e Oia.
Organizado polo Instituto de Estudos Miñoráns co apoio do Concello de Gondomar fomentarán e potenciarán a creatividade teatral e a representación neste mes de xaneiro que abre as portas a un ano de celebración dos 20 anos do IEM.
A programación constará dun total de oito pezas teatrais interpretadas por Vichelocrego, Tranghallada teatro, Bertorella, Pritis- Guomins, A Moura, Os cabalos rosas brincan no patín, O mellor de cada casa e Arredemo.
A entrada será gratuíta e para todos os públicos.

Programación

Sábado 12 de xaneiro- 19.30h
Jansel e Ponsel, representada por Tranghallada teatro de Nigrán.

Domingo 13 de xaneiro- 18.00h
Mamasiña que medo!, representada por Bertorella de Morgadáns.

Sábado 19 de xaneiro- 19.30h

Cóncavo-convexo, representada por Vichelocrego de Gondomar.

Domingo 20 de xaneiro- 18.00h

Rosa rosae, representada por Pritis- Guomins de Aula teatro Gondomar.

Sábado 26 de xaneiro- 19.30h
A revirada, representada por A Moura de Chaín.

Domingo 27 de xaneiro- 18.00h

Cousas da vida, representada por O mellor de cada casa de Viladesuso.

Sábado 2 de febreiro- 19.30h

O restaurante Farruco representada por Os cabalos rosas brincan no patín de Viladesuso.
Maruxas 3.0, representada por Arredemo de Gondomar.
Está en:  Inicio Etnografía Calendario
Skip to content
Calendario


Cea e TERTULIA do IEM con Xurxo Manuel Souto Eiroa. PDF Imprimir Correo-e
Tertulias - Calendario
Escrito por IEM   
Martes, 09 Decembro 2014 19:09

xurxosouto

Músico, escritor, locutor, produtor e unha multitude de oficios vencellados á comunicación enxoian a traxectoria de Xurxo Manuel Souto Eiroa (Galicia, 1966), protagonista da vindeira TERTULIA do IEM. O arqueólogo Xosé Lois Vilar será o encargado de presentar ao convidado quen nos visitará este venres 12 de decembro ás 20:30 horas, na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avenida da Feira Nº10, baixo, Gondomar).

Tamén como é tradicional, despois do acto aberto ao público en xeral haberá unha cea coa persoa convidada que terá lugar no Pazo da Escola de Mañufe Gondomar á que se poderá asistir facendo a correspondente reserva de praza no teléfono 986 360 575 ou ben no correo electrónico oficina@ minhor.org  . Pregamos facelo antes do vindeiro xoves pola noite.

Ler máis...
 
TERTULIA do IEM co enxeñeiro Fernando Aguado (Proxecto Aeroespacial Xatcobeo) PDF Imprimir Correo-e
Tertulias - Calendario
Escrito por IEM   
Martes, 29 Abril 2014 19:45

aguado

O vindeiro venres 9 de maio ás 20:30 horas, recibiremos nunha nova TERTULIA do IEM, ao enxeñeiro Fernando Aguado Agelet, coordinador do Proxecto aeroespacial  Xatcobeo. No faladoiro, compartirá a súa experiencia ao fronte deste traballo desenvolvido en colaboración co Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial e o apoio da empresa pública galega Retegal. A presentación da TERTULIA estará a cargo de Xosé Antonio Vilán Vilán. O acto terá lugar na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avda. da Feira, 10 baixo, Gondomar).

Ler máis...
 
TERTULIA do IEM coa xornalista Ana Guantes. PDF Imprimir Correo-e
Tertulias - Calendario
Escrito por IEM   
Luns, 13 Xaneiro 2014 22:41

ana_guantes

O vindeiro venres 17 de xaneiro ás 20:30 horas, a xornalista Ana Guantes, na actualidade Subdirectora do informativo Hora 14 da Cadena Ser, será a convidada dunha nova TERTULIA do IEM. No encontro, a periodista fará un repaso pola súa traxectoria en medios do país e abordará varios aspectos da actualidade xornalística.  A presentación do faladoiro estará a cargo da arquitecta Rosa Mouriño (IEM). O acto terá lugar na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avda. da Feira, 10 baixo, Gondomar).

Despois do acto aberto ao público en xeral haberá unha cea coa persoa convidada que terá lugar no Pazo da Escola de Mañufe Gondomar á que se poderá asistir facendo a correspondente reserva de praza no teléfono 986 360 575 ou no 680 644 490 ou ben no correo electrónico oficina@minhor , ata o xoves 16 de xaneiro ás 22 horas.

Ler máis...
 
TERTULIA do IEM coa xornalista Ana Guantes. PDF Imprimir Correo-e
Tertulias - Calendario
Escrito por IEM   
Luns, 13 Xaneiro 2014 22:35

ana_guantes

O vindeiro venres 17 de xaneiro ás 20:30 horas, a xornalista Ana Guantes, na actualidade Subdirectora do informativo Hora 14 da Cadena Ser, será a convidada dunha nova TERTULIA do IEM. No encontro, a periodista fará un repaso pola súa traxectoria en medios do país e abordará varios aspectos da actualidade xornalística.  A presentación do faladoiro estará a cargo da arquitecta Rosa Mouriño (IEM). O acto terá lugar na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avda. da Feira, 10 baixo, Gondomar).

Despois do acto aberto ao público en xeral haberá unha cea coa persoa convidada que terá lugar no Pazo da Escola de Mañufe Gondomar á que se poderá asistir facendo a correspondente reserva de praza no teléfono 986 360 575 ou no 680 644 490 ou ben no correo electrónico oficina@minhor , ata o xoves 16 de xaneiro ás 22 horas.

Ler máis...
 
TERTULIA do IEM coa cantante María Xosé Silvar “Sés”. PDF Imprimir Correo-e
Tertulias - Calendario
Escrito por IEM   
Luns, 09 Decembro 2013 21:58

ses

O vindeiro venres 13 de decembro ás 20:30 horas terá lugar unha nova  TERTULIA do IEM, nesta ocasión coa participación da cantautora Sés. O noso compañeiro Bieto Legaspi Villamarín estará a cargo da presentación do acto.  Despois do faladoiro na Aula de Cultura Ponte de Rosas, terá lugar unha cea coa convidada no Pazo da Escola de Mañufe para a que se debe reservar lugar no teléfono 986360575, ou no correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ata o vindeiro xoves 12 pola noite.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 5 de 13