Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Presentación da revista REM Nº18 (2019)

 

O venres 7 de xuño, ás 20:30H na Biblioteca Pública Municipal de Baiona, presentarase a revista REM nº 18 (2019) do Instituto de Estudos Miñoráns.

O acto contará con colaboración musical e as intervencións de Xulián Maure Rivas, Natalia Jorge Pereira, Xilberte Manso de la Torre, Soledad García Riveiro e Antonio Soliño Troncoso que farán unha breve presentación das súas colaboracións.

Conduce o acto María Lemos Cerqueira.

Está en:  Inicio Etnografía Patrimonio material
Skip to content
Patrimonio material
O arco xermánico da antiga igrexa parroquial de San Xoán de Panxón. PDF Imprimir Correo-e
Etnografía - Patrimonio material
Escrito por IEM   
Venres, 08 Febreiro 2013 14:05

arco_xermanico_nigran

Os restos da antiga igrexa parroquial de San Xoán de Panxón, co seu magnífico arco de ferradura, son unha das escasas mostras da arte xermánica que se conserva en Galicia. Pola súa importancia este espazo ostenta o carácter de Ben de Interese Cultural dende o ano 1964.
Ler máis...
 
O antigo hospital de Sancti Spiritus de Baiona e a súa arquitectura barroca, por Xaime Garrido. PDF Imprimir Correo-e
Etnografía - Patrimonio material
Escrito por IEM   
Venres, 21 Setembro 2012 20:14

santi-h-1

Texto orixinal publicado na Revista Nº2 do IEM(ano 2002) da autoría do arquitecto Xaime Garrido.

A NOTICIA.

O correspondente de La Voz de Galicia, Vicente Montejano, dicía no seu xornal o 3 de xuño de 1979: "DEMOLIDO EL HOSPITAL DE BAYONA PARA HACER LA CASA DE LA CULTURA. Instituído en 1645, era uno de los monumentos bayoneses con más tradición. Experimentó sucesivas reformas en 1679, 1759 Y 1806 ... ". O mesmo correspondente, o 14 de agosto de 1979, co título "Con la demolición del Hospital de Caridad desaparece una pieza importante del patrimonio histórico baionés", esténdese en máis detalles tomados de Crónicas Históricas de la Villa de Bayona, de Herminio González Ramos. Ao confusionismo do seu relato histórico, súmanse os erros de impresión e, o que é peor, a procura nos titulares dun sensacionalismo que non se corresponde exactamente coa realidade posterior.

Ler máis...
 
A Virxe da Rocha: un singular proxecto de Antonio Palacios, por Xosé Ramón Iglesias Veiga. PDF Imprimir Correo-e
Etnografía - Patrimonio material
Escrito por IEM   
Luns, 17 Setembro 2012 21:05

Monumento-da-Virxe-da-Rocha

Este 18 de setembro de 2012 cumprirase 102 anos do día en que foi colocada a primeira pedra no monte de San Roque sobre a cal elevaríase un dos monumentos emblemáticos do Val Miñor: A Virxe da Rocha. Filla da arte imaxinativa do arquitecto Antonio Palacios, a historia do seu deseño e construción -non exentas de simbolismos, misterios e riviravoltas- foi recompilada no ano 2002 nun magnífico artigo titulado "A Virxe da Rocha: un singular proxecto de Antonio Palacios", polo especialista Xosé Ramón Iglesias Veigas, no número 2 das Revistas do IEM. O compartimos...

Ler máis...
 
Os roteiros de Couso na TVE PDF Imprimir Correo-e
Etnografía - Patrimonio material
Escrito por IEM   
Xoves, 22 Decembro 2011 02:59

{youtube width="250" height="200"}tl3aBqu4vKQ{/youtube}

Compartimos o informe realizado pola TVE sobre os traballos de musealización e os roteiros arqueolóxicos nos montes da parroquia de Couso. Esta intervención, promovida pola Comunidade de Montes Veciñais de Couso foi executada pola Sección de Prehistoria e Arqueoloxía do Instituto de Estudos Miñoranos.

 
Mougás celebrou o Curro da Mosca na Serra da Groba. PDF Imprimir Correo-e
Etnografía - Patrimonio material
Luns, 22 Agosto 2011 21:10

{youtube width="250" height="200"}qFnqTP_xeao{/youtube}

O tradicional curro de agosto (da Mosca) celebrouse unha vez máis na parroquia de Mougás no concello de Oia, o pasado domingo 21. O obxecto desta actividade é colocar vacinas e desparasitar as bestas, fundamentalmente de moscas e carranchos. Lembramos que no pasado mes de xullo xa tivera lugar outra para marcar e tamén vacinar os animais.