Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Resolución do II Certame Escolar de Creación Dramática.

Reunidos os membros do xurado integrado por Miguel Anxo Mouriño Fernández, escritor e membro do IEM, Fátima Granxa Paz, en representación dos grupos da sección de teatro do Instituto de Estudos Miñoráns e Luís Carballo Moure, membro do IEM, que actuou como secretario, acordaron por unanimidade a concesión do premio do II Certame Escolar de Creación Dramática, que convoca o IEM en colaboración co concello de Gondomar ao CEIP Souto Donas (Gondomar) pola obra Día de pesadelo.

A obra foi escrita polas alumnas Carolina Figueroa Granxa, Erea Estévez Vilar e Zayra Costasde 6° curso de E.P.

O xurado, tamén acordou conceder accésit as seguintes obras:

Vaia tres na arribada! CEIP De Mallón

A casa embruxada. CEP Sabarís

Unha historia de piratas. C.E.I.P. Serra- Vincios

O premio consta de tres partes: un lote de libros, a publicación da obra na web do IEM e a súa representación polo grupo de teatro "A Moura" de Chaín, no colexio de Souto-Donas.

Ademais, o xurado decide entregar a cada participante un diploma acreditativo de participación no certame escolar de creación dramática.

Gondomar a 30 de marzo de 2019.

Está en:  Inicio Etnografía Patrimonio material Os roteiros de Couso na TVE
Skip to content
Os roteiros de Couso na TVE PDF Imprimir Correo-e

Etnografía - Patrimonio material
Escrito por IEM   
Xoves, 22 Decembro 2011 02:59

{youtube width="250" height="200"}tl3aBqu4vKQ{/youtube}

Compartimos o informe realizado pola TVE sobre os traballos de musealización e os roteiros arqueolóxicos nos montes da parroquia de Couso. Esta intervención, promovida pola Comunidade de Montes Veciñais de Couso foi executada pola Sección de Prehistoria e Arqueoloxía do Instituto de Estudos Miñoranos.