Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Resolución do II Certame Escolar de Creación Dramática.

Reunidos os membros do xurado integrado por Miguel Anxo Mouriño Fernández, escritor e membro do IEM, Fátima Granxa Paz, en representación dos grupos da sección de teatro do Instituto de Estudos Miñoráns e Luís Carballo Moure, membro do IEM, que actuou como secretario, acordaron por unanimidade a concesión do premio do II Certame Escolar de Creación Dramática, que convoca o IEM en colaboración co concello de Gondomar ao CEIP Souto Donas (Gondomar) pola obra Día de pesadelo.

A obra foi escrita polas alumnas Carolina Figueroa Granxa, Erea Estévez Vilar e Zayra Costasde 6° curso de E.P.

O xurado, tamén acordou conceder accésit as seguintes obras:

Vaia tres na arribada! CEIP De Mallón

A casa embruxada. CEP Sabarís

Unha historia de piratas. C.E.I.P. Serra- Vincios

O premio consta de tres partes: un lote de libros, a publicación da obra na web do IEM e a súa representación polo grupo de teatro "A Moura" de Chaín, no colexio de Souto-Donas.

Ademais, o xurado decide entregar a cada participante un diploma acreditativo de participación no certame escolar de creación dramática.

Gondomar a 30 de marzo de 2019.

Está en:  Inicio Etnografía Patrimonio material O arco xermánico da antiga igrexa parroquial de San Xoán de Panxón.
Skip to content
O arco xermánico da antiga igrexa parroquial de San Xoán de Panxón. PDF Imprimir Correo-e

Etnografía - Patrimonio material
Escrito por IEM   
Venres, 08 Febreiro 2013 14:05
arco_xermanico_nigran

Os restos da antiga igrexa parroquial de San Xoán de Panxón, co seu magnífico arco de ferradura, son unha das escasas mostras da arte xermánica que se conserva en Galicia. Pola súa importancia este espazo ostenta o carácter de Ben de Interese Cultural dende o ano 1964.
Na actualidade podemos contemplar restos da ábsida cuadrangular, á que da entrada o arco triunfal de ferradura. Este indentificouse na década dos anos 30 do pasado século cando se pensaba na ampliación do pequeno templo parroquial. Ante a importancia do descubrimento, o arquitecto encargado da ampliación, Antonio Palacios, abandonou o proxecto e optou por crear unha igrexa de nova planta, o Templo Volitivo do Mar.
O arco, composto de 21 doelas de diferentes , mais de aspecto equilibrado, susténtase sobre dúas columnas de fuste liso e capiteis de inspiración corintia, con dúas fileiras de follas de acanto e volutas incipientes. Aínda que na actualidade non se poden observar, os fustes están asentados en cadansúa basa que, segundo a información dispoñible, serían capiteis similares aos mencionados, pero invertidos. Orixinalmente o arco estaba sustentado por dous pares de columnas por cada lado, como aínda se pode comprobar actualmente. Polo seu aspecto e técnica de execución pódese asegurar que a súa factura é xermánica, descartándose que fosen reaproveitados dunha construción romana anterior.
En 1936 identificouse, formando parte dun muro próximo, unha lauda, ou tapa de sarcófago, con decoración de tipo estola, que posteriormente se trasladou á ábsida do templo. As características da decoración invitan a situala no período suevo (s. V-VII).
Nos anos 80 do pasado século, con motivo da consolidación do arco, realizouse unha pequena escavación na que se identificaron as cimentacións orixinais do templo xermánico, que definen unha característica planta de cruz grega. Sobre estas , e aproveitándoas en parte, durante o século XVII reformouse a igrexa adquirindo a fisonomía que se mantivo ata o século XX, cando desapareceu.
Artigo extraído da publicación Marabillas do Patrimonio de Nigrán (IEM, 2009)
Autor do texto: Eduardo Méndez Quintas (IEM)
Preme aquí para ver ou descargar o libro.
Preme aquí para ver ou descargar o álbum de fotográfias.