Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

PRESENTACIÓN EN PONTEVEDRA D’A RELIXIÓN DO MAR o venres día 26 ás 20:00 horas.

PRESENTACIÓN EN PONTEVEDRA D'A RELIXIÓN DO MAR

O Ateneo de Pontevedra organiza a presentación, na libraría Paz desta cidade, do poemario A relixión do mar, de Xosé Iglesias Lamela, que obtivo en 2016 o IX Premio de Poesía Victoriano Taibo convocado polo concello de Gondomar e xestionado polo Instituto de Estudos Miñoráns.

O autor, mariñeiro en activo, rende neste libro unha homenaxe ao mar en todas as facetas con el relacionadas e faino coa forza, a autenticidade e a creatividade de quen ama profundamente o que fai e o que di; talvez por iso o poemario tivo unha traxectoria tan afortunada con abundancia de críticas favorables e presentacións en moitos lugares de Galicia. Agora tócalle recibilo a Pontevedra da man do tamén poeta (e máis cousas: profesor, etnógrafo, activista cultural) Calros Solla, gañador en 2011 do IV Premio de Poesía Victoriano Taibo coa obra Holocausto zacoe, que compite con esta en forza, creatividade e orixinalidade, aínda que nun rexistro totalmente distinto.

O acto terá lugar o venres día 26 ás 20:00 horas na Libraría Paz, situada en rúa Peregrina nº 29 de Pontevedra.

Está en:  Inicio Filoloxía e literatura Artigos
Skip to content
Artigos
Presentación do libro TRAS OS PASOS DO CONDE DE GONDOMAR. UNHA VIAXE ALÉN MIÑOR PDF Imprimir Correo-e
Filoloxía e literatura - Artigos
Escrito por IEM -Sec   
Domingo, 12 Xuño 2016 23:36

tras os pasos do conde de gondomarO vindeiro venres 17 de xuño, ás 8:30 da tarde, na sede do IEM –n.º 10, baixo, da Avda. da Feira, en Gondomar-, nun acto aberto a quen desexe asistir, Antonio Soliño Troncoso, arquitecto e membro da xunta de goberno do IEM, presentará un libro de viaxe por terras de León e Castela escrito baixo o pseudónimo X Mourisca. O libro, que abrangue personaxes, paisaxes, historia, historias, gastronomía e lendas dos territorios atravesados mesturadas con diferentes vivencias dos compoñentes da viaxe, ten como fío condutor a don Diego Sarmiento de Acuña (1567-1626), I conde de Gondomar. O relato recolle as eventualidades da primeira experiencia da que naquel intre, hai agora un ano, era unha nova sección do IEM, “Xeiras alén Miñor”, que se quixo inaugurar cunha visita guiada polas terras e históricos asentamentos urbanos próximos ao Douro emprazados entre Gondomar e Valladolid,

Ler máis...
 
Presentación do libro ALFONSO SOLIÑO TRONCOSO. OBRA PLÁSTICA PARA O IEM 2002/2015. PDF Imprimir Correo-e
Filoloxía e literatura - Artigos
Escrito por IEM -Sec   
Luns, 18 Xaneiro 2016 19:38

O vindeiro venres 22 de xaneiro, as 8:30 da tarde na sede do IEM –n.º 10, baixo, da Avda. da Feira, en Gondomar- nun acto aberto a quen desexe asistir, Antonio Soliño, arquitecto e membro da xunta de goberno do IEM, como autor, presentará un libro promovido e editado polo Instituto de Estudos Miñoráns que recolle o traballo pictórico e, sobre todo, escultórico que Alfonso Soliño Troncoso elaborou por encargo da citada entidade, ao longo destes últimos trece anos, para distintos eventos por ela promovidos. O autor do libro estará acompañado e será introducido polo artista Fino Lorenzo. Ao acto asistirá Alfonso, o escultor glosado.

 
Entrega do Premio de Poesía Victoriano Taibo PDF Imprimir Correo-e
Filoloxía e literatura - Artigos
Escrito por IEM -Sec   
Mércores, 09 Decembro 2015 21:06

O próximo sábado día doce dos correntes, ás 19:30 horas, terá lugar no auditorio municipal Lois Tobío de Gondomar a entrega do VIII Premio de Poesía Victoriano Taibo, consistente en 3.000 € en metálico, unha peza escultórica conmemorativa, da autoría do artista miñorán Fino Lorenzo, e a publicación do libro premiado, o poemario Do outro lado das portas, que será presentado neste acto.

Ler máis...
 
Continúa a mostra de teatro afeccionado do IEM no Auditorio Lois Tobío de Gondomar. PDF Imprimir Correo-e
Filoloxía e literatura - Artigos
Escrito por IEM   
Mércores, 18 Novembro 2015 22:36
bertorella
O elenco "O mellor de cada casa" de Oia porá en escena Picnic, unha comedia con textos de Fernando Arrabal. A obra dará comezo ás 21:30 horas deste venres 20 de novembrono Auditorio Municipal de Gondomar Lois Tobío.
Ler máis...
 
Presentación do libro "Un cesto de mazás", da xornalista Montse Fajardo. PDF Imprimir Correo-e
Filoloxía e literatura - Artigos
Escrito por IEM   
Martes, 03 Novembro 2015 18:10

un_cesto_mazas

O vindeiro venres 13 de novembro ás 20.30 horas presentaremos Un cesto de mazás. Memoria das vítimas do 36 e do tempo que veu, da escritora e xornalista, Montse Fajardo. O libro será presentado polo autora e contará cunha introdución a cargo de Luis Bará, investigador da Memoria Histórica, membro de Iniciativa Galega pola Memoria e concelleiro de Cultura e Patrimonio de Pontevedra. Será na Aula de Cultura Ponte de Rosas, na avenida da Feira Nº 10, baixo, en Gondomar.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 1 de 21