Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Resolución do II Certame Escolar de Creación Dramática.

Reunidos os membros do xurado integrado por Miguel Anxo Mouriño Fernández, escritor e membro do IEM, Fátima Granxa Paz, en representación dos grupos da sección de teatro do Instituto de Estudos Miñoráns e Luís Carballo Moure, membro do IEM, que actuou como secretario, acordaron por unanimidade a concesión do premio do II Certame Escolar de Creación Dramática, que convoca o IEM en colaboración co concello de Gondomar ao CEIP Souto Donas (Gondomar) pola obra Día de pesadelo.

A obra foi escrita polas alumnas Carolina Figueroa Granxa, Erea Estévez Vilar e Zayra Costasde 6° curso de E.P.

O xurado, tamén acordou conceder accésit as seguintes obras:

Vaia tres na arribada! CEIP De Mallón

A casa embruxada. CEP Sabarís

Unha historia de piratas. C.E.I.P. Serra- Vincios

O premio consta de tres partes: un lote de libros, a publicación da obra na web do IEM e a súa representación polo grupo de teatro "A Moura" de Chaín, no colexio de Souto-Donas.

Ademais, o xurado decide entregar a cada participante un diploma acreditativo de participación no certame escolar de creación dramática.

Gondomar a 30 de marzo de 2019.

Está en:  Inicio Filoloxía e literatura Artigos Iñaki Varela por Iñaki Varela: Auto resumo biográfico do gañador do Premio de Poesía Victoriano Taibo – ELM de Morgadáns
Skip to content
Iñaki Varela por Iñaki Varela: Auto resumo biográfico do gañador do Premio de Poesía Victoriano Taibo – ELM de Morgadáns PDF Imprimir Correo-e

Filoloxía e literatura - Artigos
Escrito por IEM   
Venres, 18 Setembro 2015 21:14
inhaki

Nacín en Vigo, nas Travesas, no 1980. A miña primeira experiencia literaria foi como é habitual, na adolescencia, da que gardo unha moi boa lembranza de ter participado na revista do instituto onde estudei, o Santa Irene. Fóra diso pouco máis podo dicir dunha relación co mundo da escrita que estivo sempre máis ben do lado da lectura. Foi só nestes últimos tempos, quizais nos últimos dous ou tres anos, nos que recuperei esa necesidade de escribir. Non teño nada publicado, estou a aprender un tanto as apalpadas o que pode significar isto de escribir e que sentido pode ter facelo eu e facelo deste xeito.

 

No máis estritamente académico ou profesional, son licenciado en Historia pola USC. Rematada a carreira fixen diversas piruetas, cousa xeracional, así que tamén teño estudos (non finalizados) de realización audiovisual e educación social. Tamén fun pizzero, brevemente, e apañador de fresa en Dinamarca, aínda máis fugaz.

Dende o 2006 estou a traballar como profesor de Xeografía e Historia no ensino secundario, actualmente estou a facelo no IES Alexandre Bóveda de Vigo.

Son activista da asociación ecoloxista Verdegaia, da asociación de defensa dos dereitos das persoas presas Concepción Arenal e do proxecto de finanzas alternativas Fiare Banca Etica... e unhas cantas historias máis. Vaia, que á mínima enredo nunha silveira.

Dende fai uns cinco anos estou a vivir en Compostela.