Continúa a mostra de teatro afeccionado do IEM no Auditorio Lois Tobío de Gondomar. Imprimir

Filoloxía e literatura - Artigos
Escrito por IEM   
Mércores, 18 Novembro 2015 22:36
bertorella

O elenco "O mellor de cada casa" de Oia porá en escena Picnic, unha comedia con textos de Fernando Arrabal. A obra dará comezo ás 21:30 horas deste venres 20 de novembrono Auditorio Municipal de Gondomar Lois Tobío.

Continúa así o I Encontro de Teatro Afeccionado organizadopolo Instituto de Estudos Miñoranos quedera comezo con gran éxito de público os pasados días 6 e 8 deste mes.

O ciclo continuará o día domingo ás 18 horas no mesmo escenario con O asasino anda solto,do grupo de teatro "Xente daquí e dacolá", da parroquia de Mañufe.

As funcións son de acceso libre.