Skip to content

IEM - Instituto de Estudos Miñoranos

Increase font size Decrease font size Default font size

Destacados

Resolución do II Certame Escolar de Creación Dramática.

Reunidos os membros do xurado integrado por Miguel Anxo Mouriño Fernández, escritor e membro do IEM, Fátima Granxa Paz, en representación dos grupos da sección de teatro do Instituto de Estudos Miñoráns e Luís Carballo Moure, membro do IEM, que actuou como secretario, acordaron por unanimidade a concesión do premio do II Certame Escolar de Creación Dramática, que convoca o IEM en colaboración co concello de Gondomar ao CEIP Souto Donas (Gondomar) pola obra Día de pesadelo.

A obra foi escrita polas alumnas Carolina Figueroa Granxa, Erea Estévez Vilar e Zayra Costasde 6° curso de E.P.

O xurado, tamén acordou conceder accésit as seguintes obras:

Vaia tres na arribada! CEIP De Mallón

A casa embruxada. CEP Sabarís

Unha historia de piratas. C.E.I.P. Serra- Vincios

O premio consta de tres partes: un lote de libros, a publicación da obra na web do IEM e a súa representación polo grupo de teatro "A Moura" de Chaín, no colexio de Souto-Donas.

Ademais, o xurado decide entregar a cada participante un diploma acreditativo de participación no certame escolar de creación dramática.

Gondomar a 30 de marzo de 2019.

Está en:  Inicio Filoloxía e literatura Artigos Entrega do Premio de Poesía Victoriano Taibo
Skip to content
Entrega do Premio de Poesía Victoriano Taibo PDF Imprimir Correo-e

Filoloxía e literatura - Artigos
Escrito por IEM -Sec   
Mércores, 09 Decembro 2015 21:06

O próximo sábado día doce dos correntes, ás 19:30 horas, terá lugar no auditorio municipal Lois Tobío de Gondomar a entrega do VIII Premio de Poesía Victoriano Taibo, consistente en 3.000 € en metálico, unha peza escultórica conmemorativa, da autoría do artista miñorán Fino Lorenzo, e a publicación do libro premiado, o poemario Do outro lado das portas, que será presentado neste acto.

 

Na gala participarán, ademais do autor, Iñaki Varela Pérez, a poeta gondomareña Marta Dacosta, que conducirá o evento, o grupo de gaitas Balcón do Miñor, de Morgadáns, e o grupo de teatro afeccionado Bertorella, que, dirixido por Luís Carballo, porá en escena unha dramatización de Contos pequenos, obra inédita de Victoriano Taibo. A entrega física do galardón correrá a cargo do alcalde de Gondomar, Francisco Ferreira, e clausurará esta actividade, previsiblemente, o presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero.

Este certame literario pasa por un momento moi difícil, pois necesita para ter continuidade o compromiso decido das administracións da zona; por iso desexamos acadar unha asistencia importante en apoio da consecución dun novo acordo que relance e consolide o prestixioso Premio de Poesía Victoriano Taibo.