Presentación do libro ALFONSO SOLIÑO TRONCOSO. OBRA PLÁSTICA PARA O IEM 2002/2015. Imprimir

Filoloxía e literatura - Artigos
Escrito por IEM -Sec   
Luns, 18 Xaneiro 2016 19:38
12509719_924994580882911_118785126952161805_n

 

O vindeiro venres 22 de xaneiro, as 8:30 da tarde na sede do IEM –n.º 10, baixo, da Avda. da Feira, en Gondomar- nun acto aberto a quen desexe asistir, Antonio Soliño, arquitecto e membro da xunta de goberno do IEM, como autor, presentará un libro promovido e editado polo Instituto de Estudos Miñoráns que recolle o traballo pictórico e, sobre todo, escultórico que Alfonso Soliño Troncoso elaborou por encargo da citada entidade, ao longo destes últimos trece anos, para distintos eventos por ela promovidos. O autor do libro estará acompañado e será introducido polo artista Fino Lorenzo. Ao acto asistirá Alfonso, o escultor glosado.